saltar ao contido

Proposicións non de lei aprobadas polo Pleno do Parlamento de Galicia o 10 de marzo de 2021

3.3 10324 (11/PNP-001027)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Prado del Río, Paula e 14 máis
Sobre a elaboración pola Xunta de Galicia da avaliación do II Programa de muller e ciencia, así como sobre o inicio da elaboración do III programa.
Publicación da iniciativa pola vía de urxencia, BOPG n.º 91, do 10.02.2021
 
O texto aprobado é o seguinte:

“ O Parlamento insta á Xunta de Galicia a:

1. Elaborar neste período de sesións a avaliación do II Programa de Muller e Ciencia
 
2. Rematada a avaliación, iniciar a elaboración do lll Programa de Muller e Ciencia, dentro da Unidade de Muller e Ciencia e en colaboración coa Comisión Interdepartamental de I+D+i e as Asociacións  de Mulleres na Ciencia de Galicia, e as entidades do tecido asociativo investigador galego. Para a súa correcta execución, este programa deberá contar cun orzamento propio incluíndo unha partida específica e suficiente que garanta o funcionamento da Unidade de Muller e Ciencia.
 
3. Introducir as accións necesarias, mesmo se for preciso modificando a normativa vixente, para garantir a incorporación e participación na Unidade de Muller e Ciencia das entidades e colectivos representativos do ámbito investigador galego”.

3.4 11189 (11/PNP-001108)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Díaz Mouteira, María Sol e 6 máis
Sobre a demanda do Goberno galego ao Goberno central da transferencia a Galicia das competencias para a xestión do dominio público marítimo-terrestre
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 101, do 24.02.2021
 
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a demandar ao Goberno de España o traspaso das competencias para a xestión do dominio público marítimo terrestre e as competencias de ordenación do sector pesqueiro e a investigación oceanográfica”.
 
3.5 11376 (11/PNP-001122)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Bará Torres, Xosé Luís e 2 máis
Sobre a demanda ao Goberno do Estado para a presentación de recurso contra a sentenza da Audiencia Provincial en relación co pazo de Meirás para defender a verdade histórica e o interese público e para evitar calquera indemnización á familia Franco
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 101, do 24.02.2021
Acumúlase na anterior a seguinte:
3.6 11414 (11/PNP-001127)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Arangüena Fernández, Pablo e Castro Rey, Paloma
Sobre a demanda ao Goberno do Estado para que se esgoten todas as posibilidades xurídicas para a defensa do interese do Estado, incluíndo, de ser tecnicamente posible e aconsellable, a interposición de recurso contra a Sentenza 60/2021, da Sección Terceira da Audiencia Provincial da Coruña, no relativo ao pronunciamento favorable á indemnización dos gastos realizados no inmoble pola familia Franco
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 101, do 24.02.2021
 
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento acorda apoiar e demandar que a Administración xeral do estado así como a Xunta de Galicia interpoñan os recursos oportunos contra da sentenza 60/2021 de 12 de febreiro, da Audiencia Provincial da Coruña, no relativo á condición e liquidación posesoria de boa fe, así como, no seu caso, ao personamento como partes recorridas en defensa dos restantes pronunciamentos  da parte dispositiva da sentenza. Todo isto en concordancia co acordo do Pleno do Parlamento de 11 de xullo de 2018, a prol da recuperación do Pazo de Meirás para o patrimonio público e de que a mesma non supoña un novo custo para o pobo galego, evitando que os herdeiros do espolio obteñan ningún beneficio económico co mesmo”
 
 
Saúdos, Gabinete de Comunicación.

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina