A Comisión 8ª, Pesca e Marisqueo, na súa sesión do 16 de marzo de 2021, adoptou os seguintes acordos:
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
Aprobación por unanimidade con modificacións
- 11743 (11/PNC-001189)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Bará Torres, Xosé Luís e dous/dúas máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coas condicións da autorización de ocupación do pantalán de embarcacións tradicionais outorgada ao Club Mariño A Reiboa no peirao da Chousa, no concello de Poio, e o desenvolvemento nel de actividades de divulgación da mariña tradicional
BOPG n.º 105, do 03.03.2021
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
O texto aprobado é o seguinte:
"O Parlamento galego insta á Xunta de Galicia a:
1. Manter as condicións da autorización de ocupación do pantalán de embarcacións tradicionais que vén usando o Club Mariño A Reiboa no peirao da Chousa desde 2011, eximindo, polo tanto, a este Club do pago da taxa X5 ou que sexa bonificada no máximo legal. Para a aplicación desta exención ou bonificación terase en conta, con carácter provisional e mentres non se desenvolva o previsto no decreto 52/2019, o censo de embarcacións tradicionais da Federación Culturmar.
2. Adoptar as medidas oportunas para que no citado pantalán se poidan realizar en condicións de seguridade as actividades de divulgación que corresponden a una Mariña Tradicional.
3. Estender estas medidas a toda a rede de Mariñas Tradicionais en construción ou en proxecto na costa galega.
4. Desenvolver de maneira urxente e consensuada co sector o decreto 52/2019 pola que se declaran bens de interese cultural do patrimonio inmaterial as técnicas construtivas de carpintaría de ribeira, en especial no tocante ao órgano de xestión para as medidas de salvagarda, que será quen determine os criterios para elaborar o censo de embarcacións tradicionais."
Aprobación por unanimidade sen modificacións
- 10869 (11/PNC-001110)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Egerique Mosquera, Teresa e seis máis
Sobre a demanda que debe realizar o Goberno galego ao Goberno central en relación co actual bloqueo da comercialización das capturas de marraxo
BOPG n.º 100, do 23.02.2021
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
O texto aprobado é o seguinte:
"O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a que solicite ao Goberno de España dar una solución urxente ao bloqueo actual da comercialización das capturas de marraxo."