3.3 12706 (11/MOC-000033)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Torrado Quintela, Julio
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en materia de saúde mental. (Moción, a consecuencia da Interpelación n.º 9732, publicada no BOPG n.º 91, do 10.02.2021, e debatida na sesión plenaria do 09.03.2021
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento galego insta á Xunta de Galicia a:
1) Desenvolver de maneira efectiva e real o Plan Galego de Saúde Mental comprometéndose, como mínimo, a:
- Desenvolver un plan de contratación de persoal sanitario en saúde mental de profesionais de psiquiatría, psicoloxía clínica, traballadores/as sociais, enfermeiras especialistas en saúde mental, técnicos auxiliares e terapeutas ocupacionais que implique a creación de 120 novas prazas antes da fin de 2021 e que se estenda para equiparar o volume de profesionais de saúde mental no Sergas á media estatal en todas as categorías de maneira efectiva ao inicio de 2024.
- Dotar os medios axeitados para o inicio do funcionamento, en 2021, dunha unidade de psicoxeriatría na área sanitaria de Ourense.
2) Asumir o informe do Mecanismo Nacional de Prevención da Tortura e levar a cabo todas as medidas e recomendacións que se indican para reverter os graves problemas sinalados nos vindeiros 6 meses, solicitando posteriormente unha nova avaliación ao propio MNP ou auditoría externa independente que valore o cumprimento e a situación do centro e das persoas alí ingresadas.
3) Acordar coa FEGAMP o mecanismo para iniciar o procedemento de incorporar ao Sergas os profesionais e servizos sanitarios de saúde mental que prestan os servizos dependentes das administracións locais, para ordenar a atención e que dependa do organismo competente en asistencia sanitaria que é a Administración autonómica”.
Saúdos, Gabinete de Comunicación.