O Parlamento de Galicia quere expresar o seu apoio ás mulleres agredidas na festa da Maruxaina de 2019 e manifesta o seu enérxico rexeitamento ás gravacións das que foron obxecto, difundidas en páxinas web de contido pornográfico.
Estas máis de 80 mulleres, entre elas menores de idade, foron vítimas dun acto machista e denigrante que atenta contra a súa dignidade como mulleres e como persoas.
Por esta razón, a Cámara fai un chamamento a que se investiguen en profundidade os feitos para que non queden impunes.
Ningún contexto, sexa na vía pública ou no ámbito privado, xustifica unha agresión contra a intimidade e os dereitos fundamentais das mulleres nin de ningunha persoa.
Así mesmo, o Parlamento de Galicia apoiará o desenvolvemento e impulso daquelas medidas que as autoridades competentes teñan ao seu alcance para impedir que situacións coma esta poidan volver producirse.
14 de abril de 2021