saltar ao contido

Proposicións non de lei aprobadas polo Pleno do Parlamento de Galicia o 14 de abril de 2021

5.2 10804 (11/PNP-001062)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Tellado Filgueira, Miguel Ángel e 8 máis
Sobre a demanda polo Goberno galego ao Goberno central da encomenda da construción dun buque de acción marítima para a Armada Española nos estaleiros de Navantia, na ría de Ferrol
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 101, do 24.02.2021
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a esixir do Goberno do Estado a encargar aos estaleiros de Navantia en Ferrol a construción dun BAM (Buque de Acción Marítima) para a Armada Española, que permita dotar de carga de traballo inmediata á ría de Ferrol, tanto para a plantilla principal como para a industria auxiliar". 
 

5.6 13636 (11/PNP-001332)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Sanz Arias, Cristina e 13 máis
Sobre as demandas que debe realizar o Goberno galego ao Goberno central en relación co Real decreto lei 5/2021, do 12 de marzo, de medidas extraordinarias de apoio á solvencia empresarial en resposta á pandemia da covid-19
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 118, do 31.03.2021
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a solicitar do Goberno de España:
 
1) Máxima urxencia na tramitación e sinatura do convenio coa Xunta de Galicia para a transferencia de fondos derivado do Real Decreto-ley 5/2021, de 12 de marzo, de medidas extraordinarias de apoyo a la solvencia empresarial en respuesta a la pandemia de la COVID-19, para unha maior axilidade e eficiencia das axudas.
 
2) Modificación dos criterios de reparto para que non penalice na distribución dos fondos á Comunidade galega, achegando, conforme ao sistema de financiación autonómica e á porcentaxe de persoas traballadoras autónomas existentes en Galicia, un mínimo de 340 millóns de euros.
 
3) Ampliar os CNAES previstos no Real Decreto-ley 5/2021, de 12 de marzo, de medidas extraordinarias de apoyo a la solvencia empresarial en respuesta a la pandemia de la COVID-19 a outras actividades non incluídas e que pertencen a sectores moi afectados polo impacto da covid-19.
 
4) Reconsiderar os requisitos de xustificación de gasto previstos no Real Decreto-ley 5/2021, de 12 de marzo, de medidas extraordinarias de apoyo a la solvencia empresarial en respuesta a la pandemia de la COVID-19, por tratarse dunha norma que regula axudas directas ás empresas e aos profesionais que deben chegar coa maior celeridade posible.
 
5) Revisar o criterio de exclusión das axudas a aquelas empresas que conten cun resultado negativo dun só ano, no exercicio de 2019, así como o que este criterio sexa incondicionado, sen ter en conta outros parámetros”.

 
Saúdos, Gabinete de Comunicación.

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina