saltar ao contido

Acordos da Comisión 4ª, Educación e Cultura, celebrada o 7 de maio de 2021

A Comisión 4ª, Educación e Cultura, na súa sesión do 7 de maio de 2021, adoptou os seguintes acordos:
 
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación sen modificacións
 
- 13572 (11/PNC-001371)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Rodeiro Tato, Ovidio e sete deputados/as máis
Sobre a actuación que debe levar a cabo o Goberno galego para o mantemento do seu apoio ás persoas creadoras do ámbito cultural
BOPG n.º 119, do 05.04.2021
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 7 votos a favor, 0 votos en contra e 5 abstencións.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a continuar prestando apoio aos creadores e creadoras culturais mediante a elaboración dun plan que afonde neste ámbito."
 
Aprobación por unanimidade con modificacións
 
- 14139 (11/PNC-001440)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Fernández Alfonzo, Ramón e dos deputados/as máis
Sobre o inicio por parte da Xunta de Galicia das obras de ampliación do CPI As Mirandas, no concello de Ares
BOPG n.º 126, do 21.04.2021
 
Sométese a votación e resulta aprobada a transacción coa emenda do G. P. Popular de Galicia doc. núm. 15874 pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado, con modificacións respecto do texto orixinal, é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta a que solicite ao Concello de Ares que realice na maior brevidade de tempo posible a obra de acondicionamento da parcela prevista.
Unha vez realizada, a Consellería de Cultura, Educación e Universidade, comprométese a licitar, proxectar, contratar e iniciar a obra de ampliación de maneira prioritaria, coa finalidade de dispoñer das novas instalacións canto antes."
 
Aprobación por unanimidade sen modificacións
 
- 9814 (11/PNC-001012)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Díaz Varela, Noa Susana e Álvarez Martínez, Luis Manuel
Sobre a colaboración polo Goberno galego co Concello de Ribeira na investigación histórica, rehabilitación e posta en valor do peirao da Covasa, na parroquia de Aguiño, no concello de Ribeira
BOPG n.º 91, do 10.02.2021
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta o Goberno galego a que colabore co Concello de Ribeira na investigación histórica do peirao da Covasa (Aguiño, Ribeira) e na súa posterior rehabilitación e posta en valor."

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina