4.4 15635 (11/PNP-001505)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Bará Torres, Xosé Luís e 2 máis
Sobre as actuacións que se deben levar a cabo respecto da intención do Goberno central de establecer peaxes nas autovías de titularidade estatal
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 138, do 12.05.2021
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento de Galicia acorda como resolución amosar a súa rotunda oposición á intención do Goberno central de establecer peaxes nas autovías de titularidade estatal, por considerala unha medida regresiva, que establece barreiras económicas no acceso á servizos básicos como son as infraestruturas viarias, porque incrementa a inseguridade viaria e porque supón un atranco para o desenvolvemento
económico é a cohesión social de Galicia.”
4.5 15692 (11/PNP-001510)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Murillo Solís, María Guadalupe e 5 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia para demandar do Goberno central que a devolución do IVE de novembro se faga extensiva a todos os concellos e deputacións galegas
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 138, do 12.05.2021
O texto aprobado é o seguinte:
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a demandar do Goberno de España:
1 º.- O cumprimento inmediato da sentencia do Tribunal Supremo Nº 553/2021, de 23 de abril de 2021 e, en consecuencia, que faga efectiva a compensación da mensualidade do IVE correspondente a novembro de 2017, que non se liquidou no ano 2019, xunto cos intereses legais correspondentes
2º.- Que esta devolución do IVE de novembro de 2017 se faga extensiva a todos os concellos e deputacións provinciais galegos; por unha cantidade estimada en mais de 40 millóns de euros á que hai que engadir os xuros de demora.
3º.- Dar solución á débeda con Galicia, acreditada por importe de 170 millóns de euros, en concepto de incentivos polo seu bo desempeño fiscal nos exercicios 2017 e 2018.
4º.- Convocar con urxencia o Consello de Política Fiscal e Financeira para consensuar unha solución inmediata, común a todas ás Comunidades Autónomas e ás Entidades Locais, e articular neste órgano a maneira na que o Goberno central lles compense o antes posible o IVE pendente do ano 2017”.
4.6 15817 (11/PNP-001525)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Tellado Filgueira, Miguel Ángel e 6 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia para promover e dinamizar o sector da eólica mariña
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 138, do 12.05.2021
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a:
1.-Promover e dinamizar o sector da eólica mariña offshore mediante a promoción de elementos técnicos e de coñecemento desta tecnoloxía e a súa implementación.
2.-Avaliar o asentamento de parques no contorno mariño garantindo que non se cause dano ás actividades pesqueiras e a preservación do ecosistema mariño.
3.- Proceder á constitución dun observatorio desta actividade para o diálogo e o coñecemento tanto das achegas propias coma de outras entidades nacionais, europeas e internacionais, no que se integren representantes de ambas actividades e sexan asistidos por técnicos da administración competente na materia. O obxectivo sería promover a realización de estudos ambientais e socioeconómicos específicos para Galicia que analicen as oportunidades e impacto que podería orixinar a implantación de parques eólicos offshore nas costas galegas.
4.- Promover a implantación en Galicia de actividade empresarial e industrial asociada á produción de enerxía eólica mariña, en uso das competencias do Goberno de Galicia en materia de promoción económica e política industrial”.
Saúdos, Gabinete de Comunicación.