A Presidencia, de conformidade co disposto no artigo 53 do Regulamento do Parlamento, resolveu convocar o Pleno do Parlamento para realizar unha sesión o próximo día 8 de xuño de 2021, ás 10:00 horas, no pazo do Parlamento.
De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 1 de xuño de 2021, a orde do día da sesión é a seguinte:
Punto 1. Comparecencia
1.1 16674 (11/CPP-000056)
Da conselleira do Mar, por petición propia, pola situación creada polo recurso interposto polo Ministerio de Transición Ecolóxica e Reto Demográfico respecto do Plan xeral de explotación marisqueira para o período 2021-2023
Punto 2. Mocións
2.1 16667 (11/MOC-000046)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Seco García, Martín
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego para a elaboración dun novo modelo eólico para Galicia (Moción consecuencia da Interpelación nº 15829, publicada no BOPG nº 138, do 12.05.21, e debatida na sesión plenaria do 25.05.2021)
2.2 16668 (11/MOC-000047)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Díaz Varela, Noa Susana
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia en relación coa participación equilibrada de homes e mulleres nos órganos da Administración e nos consellos de administración de sociedades (Moción consecuencia da Interpelación nº 15700, publicada no BOPG nº 138, do 12.05.21, e debatida na sesión plenaria do 25.05.2021)
2.3 16671 (11/MOC-000048)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Bará Torres, Xosé Luís
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia en relación coa protección do patrimonio natural e a biodiversidade (Moción consecuencia da Interpelación nº 5617, publicada no BOPG nº 52, do 25.11.20, e debatida na sesión plenaria do 26.05.2021)
Punto 3. Proposicións non de lei
3.1 2553 (11/PNP-000255)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Rodríguez Rumbo, Matilde Begoña e 2 máis
Sobre o inicio polo Goberno galego, no último trimestre de 2020, do debate para a actualización do Pacto local de Galicia no seo da Comisión Galega de Cooperación Local
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 27, do 07.10.2020
3.2 5252 (11/PNP-000601)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Presas Bergantiños, Noa e 2 máis
Sobre a demanda polo Goberno galego ao Goberno central da rebaixa ao 4% do IVE sobre a electricidade
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 49, do 19.11.2020
3.3 12192 (11/PNP-001201)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Pontón Mondelo, Ana e 18 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego para mellorar as condicións laborais e salariais do persoal do Sergas.
Publicación da iniciativa pola vía de urxencia, BOPG n.º 109, do 11.03.2021
3.4 13689 (11/PNP-001341)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Nóvoa Iglesias, Marta e 6 máis
Sobre a demanda do Goberno galego ao Goberno central de atención ás alegacións presentadas pola Xunta de Galicia respecto do Proxecto de orde pola que se establecen os prezos dos cargos do sistema eléctrico e dos pagos por capacidade que resultan de aplicación a partir do 1 de xuño de 2021
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 121, do 07.04.2021
3.5 14701 (11/PNP-001452)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Verea Fraiz, Borja e 6 máis
Sobre as demandas que debe realizar o Goberno galego ao Goberno central en relación co deseño e presentación oficial do Plan turístico nacional Xacobeo 2021-2022
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 130, do 28.04.2021
3.6 15479 (11/PNP-001491)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Castro Rey, Paloma e 3 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia respecto do desenvolvemento de programas de recollida, recuperación e reciclaxe de residuos mariños
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 134, do 05.05.2021
Punto 4. Interpelacións
4.1 14348 (11/INT-000828)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Fernández Alfonzo, Ramón e 2 máis
Sobre a política do Goberno galego en relación co sector da automoción
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 126, do 21.04.2021
4.2 15774 (11/INT-000896)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Presas Bergantiños, Noa e 3 máis
Sobre a política da Xunta de Galicia respecto do sector eólico
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 138, do 12.05.2021
4.3 16363 (11/INT-000940)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Torrado Quintela, Julio e Ortega Otero, Marina
Sobre a política da Xunta de Galicia respecto da xestión dos recursos humanos no Servizo Galego de Saúde
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 144, do 26.05.2021
Punto 5. Preguntas para resposta oral do Presidente da Xunta de Galicia
5.1 16728 (11/POPX-000033)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Caballero Miguez, Gonzalo
Sobre o compromiso que ten o Goberno galego coas políticas ambientais e de coidado na natureza en Galicia
5.2 16729 (11/POPX-000034)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Pontón Mondelo, Ana
Sobre as medidas que vai tomar o Goberno galego para frear o espolio enerxético de Galicia e o dano ambiental que causa
Punto 6. Preguntas ao Goberno
6.1 16713 (11/PUP-000184)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Francisco Rivera, Juan Carlos
Sobre as razóns do atraso na asignación ás autónomas e ós autónomos e as pequenas e medianas empresas galegas dos fondos recibidos como consecuencia do Real Decreto Lei 5/2011, do 12 de marzo, de apoio á solvencia empresarial
6.2 16710 (11/PUP-000182)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Puy Fraga, Pedro e 6 máis
Sobre as xestións realizadas polo Goberno galego para defender a autonomía financeira de Galicia e tentar reverter a modificación do artigo 36 da Lei do Imposto sobre a Renda das persoas físicas que prevé o Proxecto de Lei de Medidas de prevención e loita contra o fraude fiscal
6.3 11528 (11/POP-001630)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Rodeiro Tato, Ovidio e 6 máis
Sobre o avance que presentan os traballos de ampliación da rede de centros integrados de formación profesional
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 105, do 03.03.2021
6.4 15802 (11/POP-002072)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Queixas Zas, Mercedes e 2 máis
Sobre as medidas previstas pola Xunta de Galicia relativas á conservación e posta en valor do ben de interese cultural da torre de Teodomiro, no concello de Aranga
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 138, do 12.05.2021
6.5 15816 (11/POP-002073)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Seco García, Martín e Gallego Sanromán, María Leticia
Sobre as actuacións do Goberno galego respecto das previsións para conseguir a homologación do Camiño dos Faros como ruta de gran percorrido
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 138, do 12.05.2021
6.6 16711 (11/PUP-000183)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Queixas Zas, Mercedes e Lourenzo Sobral, Manuel Antonio
Sobre a ampliación da permanencia de mozos e mozas con discapacidade nos centros de educación especial
6.7 8883 (11/POP-001242)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Aira Díaz, María del Carmen e 3 máis
Sobre as actuacións previstas polo Goberno galego para resolver a problemática xerada pola precariedade das instalacións do Servizo de Urxencias Extrahospitalarias situado no Hospital Comarcal de Monforte
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 88, do 03.02.2021
6.8 11040 (11/POP-001571)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Amigo Díaz, María Encarnación e 6 máis
Sobre a avaliación que fai a Xunta de Galicia dos resultados do proceso asistencial integrado para a esclerose lateral amiotrófica (ELA), posto en marcha no ano 2018
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 101, do 24.02.2021
6.9 16155 (11/POP-002112)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Lourenzo Sobral, Manuel Antonio e 2 máis
Sobre as previsións do Goberno galego respecto do reforzamento dos servizos do Centro de Saúde da Guarda
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 144, do 26.05.2021
Os grupos parlamentarios poderán presentar emendas ás mocións e ás proposicións non de lei ata seis horas antes do inicio da sesión, ao abeiro do disposto no artigo 161.2 do Regulamento.
Santiago de Compostela, 1 de xuño de 2021