saltar ao contido

Acordo da Comisión 5ª, Sanidade, Política Social e Emprego, celebrada o 3 de xuño de 2021

A Comisión 5ª, Sanidade, Política Social e Emprego, na súa sesión do 3 de xuño de 2021, adoptou os seguintes acordos:

Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión

Aprobación con modificacións

- 16311 (11/PNC-001642)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Amigo Díaz, María Encarnación e 14 máis
Sobre a demanda por parte da Xunta de Galicia ao Goberno de España para que se habilite a elección presencial das prazas de formación sanitaria especializada da convocatoria 2020/2021
BOPG n.º 144, do 26.05.2021

Sométese a votación coa corrección de erros doc. núm. 16503 (BOPG n.º 147, F1, do 02.06.2021) e coa adición da emenda do G. P. Popular de Galicia doc. núm. 16859 e resulta aprobada por 6 votos a favor, 0 votos en contra e 5 abstencións.

O texto aprobado, con modificacións respecto do texto orixinal, é o seguinte:

"O Parlamento galego insta o Goberno galego a demandar do Goberno de España a habilitar a elección presencial das prazas de formación sanitaria especializada da convocatoria 2020/2021 para as titulacións universitarias de grao, licenciatura e diplomatura de Medicina, Farmacia, Enfermería e do ámbito da Psicoloxía, a Química, a Bioloxía e a Física, habilitando e levando á práctica para iso cantas medidas sexan pertinentes para garantir transparencia, igualdade de condicións e seguridade fronte á pandemia de COVID-19.

No caso de que se manteña a elección telemática, o Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a que demande do Goberno de España que dito proceso telemático se realice coa máxima transparencia, garantindo o coñecemento das prazas dispoñibles en cada momento por parte dos aspirantes e asegurando así que Galicia non quede con prazas vacantes de sanitarios residentes por mor do sistema de elección."


Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina