A Comisión 3ª, Economía, Facenda e Orzamentos, na súa sesión do 4 de xuño de 2021, adoptou os seguintes acordos:
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
Aprobación por unanimidade con modificacións
- 15735 (11/PNC-001572)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Rodríguez Rumbo, Matilde Begoña e 2 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego para solicitarlle ao Goberno central a revisión das prestacións por coidado de menores recollidas no Real decreto 1148/2011, do 29 de xullo, para a aplicación e o desenvolvemento, no sistema da Seguridade Social, da prestación económica por coidado de menores afectados por cancro ou outra enfermidade grave
BOPG n.º 138, do 12.05.2021
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
O texto aprobado é o seguinte:
"O Parlamento de Galicia insta o Goberno galego para que se dirixa o Goberno de España co fin de promover a revisión das prestacións polo coidado de menores afectados por cáncer ou outra enfermidade grave recollidas no real decreto 1148/2011, do 29 de xullo, para a aplicación e desenvolvemento, no Sistema da Seguridade Social, da prestación económica por coidado de menores afectados por cáncer ou outra enfermidade grave, para que se modifique o artigo 7.3, eliminando a letra d) Por cumprir o menor 18 anos e se analicen e valoren no marco do pacto de Toledo, as circunstancias que poidan requirir o mantemento ás familias da dita prestación aínda cando a persoa afectada pola enfermidade teña cumprido os 18 anos.
Santiago de Compostela, 4 de xuño de 2021
María Montserrat Prado Cores
Vicepresidenta 2.ª