saltar ao contido

Moción aprobada polo Pleno do Parlamento de Galicia o 8 de xuño de 2021


2.2 16668 (11/MOC-000047)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Díaz Varela, Noa Susana
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia en relación coa participación equilibrada de homes e mulleres nos órganos da Administración e nos consellos de administración de sociedades (Moción consecuencia da Interpelación nº 15700, publicada no BOPG nº 138, do 12.05.21, e debatida na sesión plenaria do 25.05.2021)

O texto aprobado é o seguinte:

«O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a:

1. Procurar atender á participación equilibrada entre homes e mulleres que establece a disposición adicional primeira da Lei orgánica 3/2007, do 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes, en todos os órganos superiores e de dirección da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, así como en todos os seus entes instrumentais.

2. Facer efectivo o acordo aprobado por unanimidade no Parlamento de Galicia, na súa sesión do 9 de marzo de 2021, que insta a Xunta de Galicia a asegurar que a perspectiva de xénero estea presente nos proxectos presentados pola Administración galega aos Fondos Next Generation, procurando atender, ademais, o equilibro entre homes e mulleres en todos os órganos de decisión destes fondos.»


Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina