A Comisión 8ª, Pesca e Marisqueo, na súa sesión do 17 de xuño de 2021, adoptou os seguintes acordos:
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
Aprobación por unanimidade sen modificacións
- 10875 (11/PNC-001112)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Egerique Mosquera, Teresa e 6 máis
Sobre a realización de xestións polo Goberno galego ante o Goberno central para o aumento das posibilidades de pesca da sardiña no Plan de xestión e recuperación do stock da sardiña ibérica 2018-2023
BOPG n.º 100, do 23.02.2021
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
O texto aprobado é o seguinte:
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a que se dirixa ao Goberno deEspaña para que se aumenten as posibilidades de pesca de sardiña dentro do Plan de Gestión e recuperación del stock de la sardiña ibérica (2018-2023), atendendo ao bo comportamento da especie e á existencia de alternativas sostibles para elevar as cantidades de peixe a pescar."
- 16392 (11/PNC-001654)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Otero Rodríguez, Patricia e Torrado Quintela, Julio
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia para garantir a máxima execución do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca 2014-2020
BOPG n.º 147, do 02.06.2021
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
O texto aprobado é o seguinte:
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a que leve adiante todas as accións precisas para garantir a máxima execución posible do FEMP (2014-2020)."