saltar ao contido

Acordo da Comisión 7ª, Agricultura, Alimentación, Gandería e Montes, celebrada o 24 de xuño de 2021

A Comisión 7ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes, na súa sesión do 24 de xuño de 2021, adoptou os seguintes acordos:

Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión

Aprobación sen modificacións

- 12863 (11/PNC-001309)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Arias Rodríguez, Raquel e 6 máis
Sobre o mantemento polo Goberno galego, na campaña de 2021, das axudas excepcionais ao financiamento operativo das adegas de elaboración de viño
BOPG n.º 115, do 24.03.2021

Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 9 votos a favor, 0 votos en contra e 3 abstencións.

O texto aprobado é o seguinte:

“O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia para que manteña nesta campaña 2021 as axudas excepcionais ao financiamento operativo das adegas de elaboración de viño”.


Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina