saltar ao contido

Convocatoria do Pleno do Parlamento de Galicia previsto para o 13 de xullo de 2021

A Presidencia, de conformidade co disposto no artigo 53 do Regulamento do Parlamento, resolveu convocar o Pleno do Parlamento para realizar unha sesión o próximo día 13 de xullo  de 2021, ás 10:00 horas, no pazo do Parlamento.
 
De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 6 de xullo de 2021, a orde do día da sesión é a seguinte:
 
Punto 1. Elección dos membros do Consello de Administración da Corporación Radio Televisión de Galicia (11/CRTG-000001)
 
Punto 2. Informe anual do Valedor do Pobo correspondente ao ano 2020 (doc. núm. 17457, 11/IVAL-000002)
Publicación do Informe anual, BOPG nº 157, do 24.06.2021
 
Punto 3. Debate do ditame e das propostas de resolución, aprobados na reunión da Comisión Permanente non Lexislativa para as Relacións co Consello de Contas en relación cos Informes de fiscalización do sector público de Galicia contidos na Memoria de actividades do Consello de Contas de 2019 (Conta Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia de 2018) (doc. núm. 4496, 11/ICON-000001)
Publicación do ditame e das propostas aprobadas BOPG nº 162 fascículo 2, do 29.06.2021
 
Punto 4. Debate e votación do ditame emitido pola Comisión non permanente especial de estudo sobre a reactivación económica, social e cultural de Galicia pola crise da covid-19 (doc. núm. 1848, 11/SCNP-000005)
 
Punto 5. Textos lexislativos
 

5.1 Debate e votación do ditame, emitido pola Comisión 4ª, Educación e cultura, sobre o Proxecto de lei de recoñecemento da universidade privada "Universidad Intercontinental de la Empresa", con sede na Comunidade Autónoma de Galicia (doc. núm. 13722, 11/PL-000009)
Publicación do Ditame e das emendas mantidas, BOPG n.º 163, do 30.06.2021
 
5.2 Debate e votación do ditame, emitido pola Comisión 5ª, Sanidade, Política Social e Emprego, sobre a Proposición de lei pola que se modifica o Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposición legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade, para garantir a igualdade real entre mulleres e homes no ámbito universitario e da investigación (doc. núm.10503, 11/PPL-000004)
Publicación do Ditame e das emendas mantidas, BOPG n.º 165, do 5.07.2021
 
5.3 Debate e votación do ditame, emitido pola Comisión 5ª, Sanidade, Política Social e Emprego, sobre a a Proposición de lei de reforma da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero (doc. núm.11910, 11/PPL-000006)
Publicación do Ditame e das emendas mantidas, BOPG n.º 165, do 5.07.2021
 
Punto 6. Mocións
 
6.1 17645 (11/MOC-000052)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Rodil Fernández, Olalla
 Sobre a política da Xunta de Galicia respecto da incompatibilidade da renda de inclusión social de Galicia coa percepción do ingreso mínimo vital (Moción consecuencia da Interpelación doc. núm. 16147, [11/INT-000923], publicada no BOPG núm. 140, do 19 de maio de 2021, e debatida na sesión plenaria do 22 de xuño de 2021)
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 162, do 29.06.2021
 
6.2 17659 (11/MOC-000053)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Ortega Otero, Marina
 Sobre a política da Consellería de Política Social respecto dos recursos destinados á dependencia (Moción consecuencia da Interpelación 11/INT-000972, documento número 16780, publicada no BOPG núm. 152, do 9 de xuño de 2021, e debatida na sesión plenaria celebrada 22 de xuño de 2021)
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 162, do 29.06.2021
 
6.3 17670 (11/MOC-000054)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Fernández Alfonzo, Ramón
 Sobre a política do Goberno galego en relación coa perda de actividade industrial e de emprego (Moción consecuenica a Interpelación. núm. 8822, publicada no BOPG núm. 88, do 3 de febreiro de 2021, e debatida na sesión plenaria do 22 de xuño de 2021)
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 162, do 29.06.2021
 
Punto 7. Proposicións non de lei
 
7.1 10806 (11/PNP-001064)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Tellado Filgueira, Miguel Ángel e 8 máis
 Sobre a demanda polo Goberno galego ao Goberno central da encomenda da construción dun buque de acción marítima para a Armada Española nos estaleiros de Navantia, na ría de Ferrol
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 101, do 24.02.2021
 
7.2 16478 (11/PNP-001606)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Francisco Rivera, Juan Carlos e 5 máis
 Sobre as demandas que debe formular a Xunta de Galicia á Deputación de Ourense derivadas das suxestións contidas no informe do Consello de Contas respecto da súa xestión económica e orzamentaria durante o exercicio 2018
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 147, do 02.06.2021
 
7.3 16680 (11/PNP-001626)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Torrado Quintela, Julio e Ortega Otero, Marina
 Sobre a reformulación que debe realizar o Goberno galego do modelo de atención primaria
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 152, do 09.06.2021
 
7.4 17460 (11/PNP-001713)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Pontón Mondelo, Ana e 18 máis
 Sobre a demanda por parte da Xunta de Galicia ao Goberno central da intervención pública da factoría de Alcoa, en San Cibrao
 Publicación da iniciativa pola vía de urxencia, BOPG n.º 158, do 23.06.2021
 
7.5 17614 (11/PNP-001730)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Pontón Mondelo, Ana e 18 máis
 Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia para condicionar a nova concesión portuaria das instalacións do antigo Vulcano ao seu uso para actividade de construción ou reparación naval
 Publicación da iniciativa pola vía de urxencia, BOPG n.º 162, do 29.06.2021
 
7.6 17662 (11/PNP-001733)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Puy Fraga, Pedro e 14 máis
 Sobre a demanda da Xunta de Galicia ao Goberno central da retirada do recurso interposto ante o Tribunal Constitucional respecto da reforma da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia
 Publicación da iniciativa pola vía de urxencia, BOPG n.º 162, do 29.06.2021
 
Punto 8. Interpelacións
 

8.1 14795 (11/INT-000865)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Pontón Mondelo, Ana e 18 máis
 Sobre a política do Goberno galego en relación coas posibilidades de traslado de Ence de Lourizan, na ría de Pontevedra.
 Publicación da iniciativa polo procedemento de urxencia, BOPG n.º 130, do 28.04.2021
 
8.2 16936 (11/INT-000986)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Queixas Zas, Mercedes e 3 máis
 Sobre a política da Xunta de Galicia respecto da presentación de candidaturas a Patrimonio da Humanidade pola UNESCO
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 155, do 16.06.2021
 
8.3 17114 (11/INT-000995)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Díaz Varela, Noa Susana e Álvarez Martínez, Luis Manuel
 Sobre a política do Goberno galego respecto das candidaturas do patrimonio que opten a recoñecementos internacionais
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 155, do 16.06.2021
 
Punto 9. Preguntas para resposta oral do presidente da Xunta de Galicia
 
9.1 17895 (11/POPX-000037)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Caballero Miguez, Gonzalo
 Sobre as previsións do presidente da Xunta para impulsar a reactivación económica de Galicia
 
9.2 17896 (11/POPX-000038)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Pontón Mondelo, Ana
 Sobre as medidas previstas polo presidente da Xunta para garantirlle un futuro digno á mocidade
 
Punto 10. Preguntas ao Goberno
 
10.1 17286 (11/POP-002243)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Nóvoa Iglesias, Marta e 6 máis
 Sobre as medidas e apoio previstas pola Xunta de Galicia ante o impacto as novas tarifas eléctricas
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 155, do 16.06.2021
 
10.2 14567 (11/POP-001972)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Francisco Rivera, Juan Carlos e Rodríguez Rumbo, Matilde Begoña
 Sobre as medidas que está a levar a cabo o Goberno galego para garantir o acceso presencial da cidadanía aos servizos financeiros básicos, en especial nos 45 concellos que carecen de oficina bancaria
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 130, do 28.04.2021
 
10.3 7718 (11/POP-001023)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Rivas Cruz, Xosé Luís e 4 máis
 Sobre o impulso polo Goberno galego para exixirlle á empresa propietaria dos terreos da mina de Touro a elaboración e aplicación dun plan de restauración definitivo dos terreos e as augas
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 79, do 20.01.2021
 
10.4 17198 (11/POP-002240)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Calvo Pouso, Diego e 14 máis
 Sobre a valoración que fai o Goberno galego sobre o continuado atraso na tramitación da transferencia da AP-9 á Comunidade Autónoma no Congreso dos Deputados e de que non se materializasen aínda as bonificacións comprometidas das peaxes
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 155, do 16.06.2021
 
10.5 17885 (11/PUP-000195)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Verea Fraiz, Borja e 6 máis
 Sobre a valoración do Goberno galego respecto da campaña "Rachemos co Xacobeo" impulsada desde a organización xuvenil Galiza Nova contra a celebración do bienio xacobeo 2021-2022
 
10.6 17532 (11/POP-002276)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Pontón Mondelo, Ana e 18 máis
 Sobre as actuacións da Xunta de Galicia para salvar os proxectos e postos de traballo da conserveira Thenaisie Provoté, do Grove
 Publicación da iniciativa polo procedemento de urxencia, BOPG n.º 158, do 23.06.2021
 
10.7 17887 (11/PUP-000196)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Francisco Rivera, Juan Carlos e 3 máis
 Sobre a sanción imposta polo Servizo Galego de Saúde a un facultativo xinecólogo do Hospital Comarcal de Verín
 
10.8 17891 (11/PUP-000198)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Ríos Santomé, Paulo
 Sobre as medidas previstas pola Xunta de Galicia para garantir unha asistencia sanitaria digna no centro de saúde de Seixo, no concello de Marín
 
10.9 16941 (11/POP-002200)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Rodríguez Dacosta, María del Carmen e Seco García, Martín
 Sobre as previsións da Consellería do Medio Rural respecto da reestruturación dos distritos forestais
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 155, do 16.06.2021
 
Os grupos parlamentarios poderán presentar emendas ás mocións e ás proposicións non de lei ata seis horas antes do inicio da sesión, ao abeiro do disposto no artigo 161.2 do Regulamento.
 
Santiago de Compostela, 6 de xullo de 2021
 
Miguel Ángel Santalices Vieira
Presidente
 

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina