A Comisión 2ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos, na súa sesión do 23 de setembro de 2021, adoptou o seguinte acordo:
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
Aprobación por unanimidade con modificacións
- 17580 (11/PNC-001799)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Otero Rodríguez, Patricia e Álvarez Martínez, Luis Manuel
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia para rematar a vía de alta capacidade da costa norte Ferrol-San Cibrao
BOPG n.º 162, do 29.06.2021
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia:
1.- A que faga unha aposta decidida, real e efectiva pola VAC Costa Norte levando a cabo, en diálogo e consenso cos concellos polos que transcorre esta infraestrutura, todas as acción precisas para rematar a Vía de Alta Capacidade Costa Norte Ferrol - San Cibrao no menor tempo posible.
2.- A dirixirse ao Goberno de España para que execute, no menor prazo de tempo posible, a Autovía da Mariña, a A-74”