5.5 21094 (11/PNP-001922)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Puy Fraga, Pedro e 6 máis
Sobre a demanda por parte da Xunta de Galicia ao Goberno de España da elaboración dun estudo da situación do mercado financeiro desde o punto de vista da concentración bancaria e a posta en marcha dun plan estatal contra a exclusión financeira
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 198, do 15.09.2021
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a:
1º.- A demandar ao Goberno de España, en colaboración co Banco de España e a CNMC, a elaboración dun estudo sobre a situación do mercado financeiro en España desde o punto de vista da concentración bancaria, da competencia e do acceso aos servicios financeiros, especialmente nas zonas rurais, e as súas consecuencias no seu desenvolvemento económico e social.
2º- A demandar ao Goberno de España, en coordinación coas administracións autonómicas e locais, a posta en marcha dun plan estatal contra a exclusión financeira, con medidas que faciliten o acceso da poboación aos servizos financeiros.
Entre estas medidas estaría a de impulsar unha normativa que regule a prestación universal de servicios financeiros básicos ou esenciais, de xeito que se garanta á súa prestación para todos os usuarios, con independencia do seu lugar de residencia, cunha calidade determinada e a un prezo asequible.
3º.- En tanto en canto non estea aprobada unha estratexia estatal de loita contra a exclusión financeira, a continuar impulsando, xunto coas administracións locais galegas e en colaboración coas entidades financeiras que operan en Galicia, medidas que faciliten o acceso da poboación aos servizos financeiros”.
5.6 21288 (11/PNP-001939)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Nóvoa Iglesias, Marta e 9 máis
Sobre a demanda por parte da Xunta de Galicia ao Goberno de España do establecemento de bonificacións nas peaxes da autoestrada estatal AP-53
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 198, do 15.09.2021
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a demandar ao Goberno de España o establecemento de bonificacións nas peaxes da autoestrada estatal AP-53, vertebra o interior de Galicia, comunicando Santiago e Ourense, similares ás que se veñen de aplicar na AP-9, tendo especialmente en conta, aos usuarios recorrentes e aos transportistas e incluíndo ás familias numerosas”.
Saúdos, Gabinete de Comunicación.