saltar ao contido

Pilar Rojo recibe no Parlamento a visita dun grupo de alumnos do Colexio SEK-Atlántico de Pontevedra

A actividade enmárcase no programa de visitas guiadas á institución
 
Santiago, 12 de abril de 2011.- A presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo Noguera, recibiu este mediodía no seu despacho da Cámara, a un grupo de alumnos do Colexio SEK-Atlántico, de Pontevedra.
 
Esta actividade enmárcase no programa de visitas guiadas ao Parlamento de Galicia que ofrece aos alumnos a posibilidade de coñecer as diferentes dependencias da Cámara e recibir completas explicacións sobre a organización e funcionamento do lexislativo galego.
 
Durante o encontro, Pilar Rojo explicou aos escolares as funcións que ten encomendadas como presidenta do Parlamento de Galicia e animounos a participar no Concurso Escolar organizado pola Cámara e ao que os alumnos poden enviar os seus traballos antes do vindeiro 29 de abril.

 

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina