saltar ao contido

O Parlamento elixe a Juan Carlos Serrano López como senador en representación da Comunidade Autónoma

 

Santiago, 26 de outubro de 2021.- O Pleno do Parlamento de Galicia elixiu esta mañá a Juan Carlos Serrano Lopez como senador en representación da Comunidade Autónoma de Galicia. A elección prodúcese logo da renuncia presentada por Jesús Vázquez Abad, que resultara elixido por proposta do Grupo Parlamentario Popular de Galicia.
 
Natural de Portomarín, Serrano López é empresario relacionado co sector avícola e foi alcalde deste concello lucense desde o mes de maio de 2011 ata a pasada semana, cando presentou a súa dimisión á Alcaldía.
 
Galicia conta cun total de tres senadores en representación da Comunidade Autónoma: Xaquín María Fernández Leiceaga (GPS), Elena Muñoz Fonteriz (GPP) e Juan Carlos Serrano López (GPP).
 
Os senadores de representación autonómica son elixidos polo Parlamento de Galicia  por cada Lexislatura das Cortes Xerais (art. 10.1.c do Estatuto de Autonomía de Galicia).
 
O artigo 69.5 da Constitución española sinala que “As
comunidades autónomas designarán ademais un senador e outro máis por cada millón de habitantes do seu respectivo territorio”.
 
Saúdos, Gabinete de Comunicación.

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina