saltar ao contido

Proposicións non de lei aprobadas polo Pleno do Parlamento de Galicia o 26 de outubro de 2021

2.1 17027 (11/PNP-001663)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Egerique Mosquera, Teresa e 6 máis
Sobre a demanda da Xunta de Galicia ao Goberno de España dunha defensa, ante a Unión Europea e a Organización Mundial do Comercio, para frear a proposta de prohibir determinadas subvencións á pesca
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 155, do 16.06.2021
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a dirixirse ao Goberno de España para demandar dante da UE e da OMC unha defensa pechada para frear a proposta de prohibir as subvencións á compra ou a cubrir os custos de combustible, cuxo obxectivo é a defensa da igualdade global da actividade marítimo-pesqueira e da competitividade e sustentabilidade da nosa frota”.
 
2.2 22515 (11/PNP-002040)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Rodil Fernández, Olalla e 2 máis
Sobre as medidas que debe adoptar a Xunta de Galicia para garantir o dereito ao aborto no Sistema público de saúde
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 206, do 29.09.2021
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a adoptar as medidas necesarias para garantir que as mulleres do noso país poden exercer, con todas as garantías, o dereito ao aborto no sistema público galego de saúde.”
2.6 23387 (11/PNP-002112)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Candia López, María Elena e 13 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia en relación co Expediente de Regulación de Emprego da fábrica de Vestas en Viveiro e coa transición enerxética
Publicación da iniciativa polo procedemento de urxencia, BOPG n.º 213, do 15.10.2021
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
1º.- “O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a:
 
a) Promover -con urxencia- medidas de apoio e acompañamento aos traballadores e traballadoras afectadas polo ERE comunicado por Vestas na súa fábrica de Viveiro (Lugo)
 
b) Demandar ao Goberno de España que participe e se implique na mesa industrial, xunto coa Xunta de Galicia, a representación dos traballadores e a empresa, para identificar posibles alternativas que permitan un futuro para os traballadores e traballadoras desta factoría.
 
c) Demandar ao Goberno de España un cambio de actitude, de tal xeito que se aposte realmente por unha transición enerxética xusta e compatible co mantemento da actividade industrial que se está a ver altamente impactada pola actual estratexia enerxética que provoca o desmantelamento de empresas vinculadas a este sector.
 
2º.- O Parlamento de Galicia acorda, como Resolución, dar o seu apoio á promoción de todas aquelas iniciativas no ámbito das enerxías renovables que conten coas máximas garantías técnicas, xurídicas e ambientais, fronte aos intentos de estigmatización deste sector, que provoca un impacto no seu desenvolvemento e na actividade empresarial e industrial asociada á produción de enerxía eólica, como é o caso da fábrica de Vestas”. 
 
Saúdos, Gabinete de Comunicación.

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina