saltar ao contido

A embaixadora de Israel en España visita o Parlamento de Galicia

 

Santiago, 28 de outubro de 2021.- A embaixadora de Israel en España, Rodioca Radian-Gordon, acompañada polo ministro conselleiro, Dan Poraz, visitou esta tarde o Parlamento de Galicia, onde se reuniu co presidente da Cámara, Miguel Ángel Santalices Vieira, e asinou no libro de ouro da institución.
 
Santalices Vieira interesouse polas relacións hispano-israelís e reafirmou a súa aposta pola amizade e a concordia entre os pobos.
 
 
 
 

Saúdos, Gabinete de Comunicación.

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina