A Comisión 6ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo, na súa sesión do 2 de novembro de 2021, adoptou os seguintes acordos:
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
Aprobación por unanimidade sen modificacións
- 23353 (11/PNC-002196)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Tellado Filgueira, Miguel Ángel e 6 máis
Sobre o impulso por parte da Xunta de Galicia de novos instrumentos de apoio para proxectos galegos de innovación
BOPG n.º 213, do 15.10.2021
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a impulsar desde Galicia novos instrumentos, que actúen como panca, para apoiar proxectos galegos innovadores e de calidade que compiten a nivel estatal.”