saltar ao contido

Convocatoria do Pleno do Parlamento de Galicia previsto para o 9 de novembro de 2021

A Presidencia, de conformidade co disposto no artigo 53 do Regulamento do Parlamento, resolveu convocar o Pleno do Parlamento para realizar unha sesión o próximo día 9 de novembro de 2021, ás 10:00 horas, no pazo do Parlamento.
 
De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 2 de novembro de 2021, a orde do día da sesión é a seguinte:
 
Punto 1. Comparecencia
 
 24243 (11/CPP-000066)
 Do vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo, por petición propia, para informar sobre o Balance tempada turística e previsións para o ano 2022
 
Punto 2. Mocións
 
2.1 24215 (11/MOC-000064)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Queixas Zas, Mercedes
 Sobre a política do Goberno galego en relación co sector cultural galego (Moción a consecuencia da Interpelación doc. núm. 22563, publicada no BOPG núm. 206, do 29 de setembro de 2021, e debatida na sesión plenaria do 26 de outubro)
 
2.2 24216 (11/MOC-000065)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Ortega Otero, Marina
 Sobre a política do Goberno galego respecto da transparencia informativa da situación sanitaria dos centros de atención residencial para persoas maiores (Moción a consecuencia da Interpelación doc. núm. 23463, publicada no BOPG núm. 213, do 15 de outubro de 2021, e debatida na sesión plenaria do 26 de outubro)
 
2.3 24226 (11/MOC-000066)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Bará Torres, Xosé Luís
 Sobre a política da Xunta de Galicia en mateira de xestión do ciclo da auga (Moción a consecuencia da Interpelación doc. núm. 22101, publicada no BOPG núm. 216, do 21 de outubro de 2021, e debatida na sesión plenaria do 26 de outubro)
 
Punto 3. Proposicións non de lei
 
3.1 10807 (11/PNP-001065)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Tellado Filgueira, Miguel Ángel e 8 máis
 Sobre a demanda polo Goberno galego ao Goberno central da encomenda da construción dun buque de acción marítima para a Armada Española nos estaleiros de Navantia, na ría de Ferrol
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 101, do 24.02.2021
 
3.2 13746 (11/PNP-001351)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Seco García, Martín e Gallego Sanromán, María Leticia
 Sobre a consecución polo Goberno galego dun pacto pola industria co obxectivo de reactivar a economía e modernizar o modelo produtivo cara á transición ecolóxica e a transformación dixital
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 123, do 13.04.2021
 
3.3 20065 (11/PNP-001832)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Arangüena Fernández, Pablo e 3 máis
 Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia para declarar o estado de emerxencia climática en Galicia, activar unhas políticas transversais para acadar a redución de emisións de gases de efecto invernadoiro, promover o investimento en I+D+I e implicarse no Pacto verde europeo
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 191, do 25.08.2021
 
3.4 21035 (11/PNP-001914)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Presas Bergantiños, Noa e 3 máis
 Sobre o compromiso de creación dunha comisión de estudo para abordar unha proposta de reforma do sistema de financiamento
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 198, do 15.09.2021
 
3.5 21814 (11/PNP-001981)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Bará Torres, Xosé Luís e 3 máis
 Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia para a recuperación dos terreos ocupados actualmente pola empresa Ence en Lourizán, Pontevedra, en cumprimento da disposición adicional terceira do Plan de ordenación do litoral
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 202, do 22.09.2021
 
3.6 22733 (11/PNP-002056)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Nóvoa Iglesias, Marta e 15 máis
 Sobre a demanda da Xunta de Galicia ante o Goberno de España para a activación de medidas en favor da industria electrointensiva
 Publicación da iniciativa polo procedemento de urxencia, BOPG n.º 206, do 29.09.2021
 
Punto 4. Interpelacións
 
4.1 16641 (11/INT-000961)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Prado Cores, María Montserrat e 2 máis
 Sobre a política da Xunta de Galicia en materia de atención primaria sanitaria
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 147, do 02.06.2021
 
4.2 20889 (11/INT-001132)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Castro Rey, Paloma e 4 máis
 Sobre a política da Xunta de Galicia en materia de tratamento e xestión de residuos sólidos urbanos
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 196, do 08.09.2021
 
4.3 23517 (11/INT-001241)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Francisco Rivera, Juan Carlos e 2 máis
 Sobre a política do Goberno galego respecto dos índices de pobreza existentes en Galicia
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 216, do 21.10.2021
 
Punto 5. Preguntas para resposta oral do Presidente da Xunta de Galicia
 
5.1 24237 (11/POPX-000045)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Caballero Miguez, Gonzalo
 Sobre a orientación dos fondos Next Generation para mellorar os servizos públicos, modernizar a economía e xerar emprego
 
5.2 24238 (11/POPX-000046)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Pontón Mondelo, Ana
 Sobre a escalada de prezos e o seu impacto nas familias e nos sectores produtivos
 
Punto 6. Preguntas ao Goberno
 
6.1 21384 (11/POP-003290)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Balseiro Orol, José Manuel e 9 máis
 Sobre a situación en que se atopa o proceso de venda da fábrica de aluminio de San Cibrao
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 198, do 15.09.2021
 
6.2 24236 (11/PUP-000213)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Castro García, Daniel
 Sobre a nulidade do expediente de regulación de emprego na factoría de Alcoa en San Cibrao
 
6.3 18932 (11/POP-002594)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Rodeiro Tato, Ovidio e 6 máis
 Sobre os traballos e os programas que se están a desenvolver nas bibliotecas escolares galegas
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 183, do 09.08.2021
 
6.4 24233 (11/PUP-000212)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Rodríguez Dacosta, María del Carmen e 2 máis
 Sobre a valoración do Goberno galego da existencia de 15.000 postos de traballo sen cubrir a pesar do número de desempregados
 
6.5 22215 (11/POP-003269)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Torrado Quintela, Julio e Ortega Otero, Marina
 Sobre a colaboración do colectivo de ópticos e optometristas na asistencia sanitaria visual
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 206, do 29.09.2021
 
6.6 22315 (11/POP-003287)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Otero Lago, Noelia e 3 máis
 Sobre a posta en marcha da unidade de demencias da Área Sanitaria de Vigo no Hospital do Meixoeiro
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 206, do 29.09.2021
 
6.7 23926 (11/POP-003433)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Amigo Díaz, María Encarnación e 6 máis
 Sobre o impacto na mellora da asistencia sanitaria pública tras o convenio asinado pola Xunta en 2015 coa Fundación Amancio Ortega
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 218, do 28.10.2021
 
6.8 23886 (11/POP-003424)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Tabarés Pérez-Piñeiro, Iago e Rodil Fernández, Olalla
 Sobre a vulneración de dereitos fundamentais en residencias de maiores
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 218, do 28.10.2021
 
6.9 23902 (11/POP-003427)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Rodil Fernández, Olalla e 2 máis
 Sobre os dereitos educativos da mocidade interna no centro de menores Santo Anxo de Rábade
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 218, do 28.10.2021
 
Os grupos parlamentarios poderán presentar emendas ás mocións e ás proposicións non de lei ata seis horas antes do inicio da sesión, ao abeiro do disposto no artigo 161.2 do Regulamento.
 
Santiago de Compostela, 2 de novembro de 2021
 

Miguel Ángel Santalices Vieira
Presidente
 

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina