saltar ao contido

Acordos da Comisión 5ª, Sanidade, Política Social e Emprego, celebrada o 25 de novembro de 2021

A  Comisión 5ª, Sanidade, Política Social e Emprego, na súa sesión do 25 de novembro de 2021, adoptou os seguintes acordos:
 
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación por unanimidade sen modificacións
 
- 20858 (11/PNC-001982)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Castro Rey, Paloma e 2 máis
Sobre as xestións que deben realizar a Xunta de Galicia e a Consellería de Sanidade para mellorar os servizos sanitarios no concello de Ponteareas e na comarca
BOPG n.º 196, do 08.09.2021
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia e a Consellería de Sanidade a:
a) Cubrir tódalas prazas de persoal sanitario e non sanitario necesarias para a correcta actividade dos servizos sanitarios en Ponteareas e na comarca.
b) Buscar mecanismos que rebaixen a lista de espera, para ser atendidos os pacientes nunha data límite razoable.
c) Iniciar coa máxima urxencia os tramites para a construción dun novo centro de saúde que dea servizo en condicións non so a veciñanza de Ponteareas senón ademais a toda a comarca do Condado nos servizos de apoio que se veñen desenvolvendo.
 
- 24317 (11/PNC-002273)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Pérez López, Noelia e 6 máis
Sobre a demanda da Xunta de Galicia ao Goberno de España para que se prorrogue o prazo de vixencia da rebaixa do imposto do valor engadigo das máscaras cirúrxicas desbotables
BOPG n.º 224, do 10.11.2021
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a dirixirse ao Goberno de España para que adopte as medias e decisións que sexan necesarias encamiñadas a prorrogar o prazo de vixencia da rebaixa do IVE das máscaras cirúrxicas desbotables, máis aló da súa data de finalización prevista para o 31 de decembro de 2021”.
 
- 24463 (11/PNC-002288)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Prado del Río, Paula e 14 máis
Sobre as actuacións que debe realizar a Xunta de Galicia para a ampliación dos programas de fomento da inserción laboral para vítimas de violencia de xénero e mulleres vulnerables
BOPG n.º 224, do 10.11.2021
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia:
 
1. A continuar garantindo o funcionamento efectivo e a mellorar a difusión de todos os recursos asistenciais para as vítimas de violencia de xénero, en coordinación con todas as institucións competentes na materia na comunidade autónoma de Galicia.
2. A ampliar os programas de fomento da inserción laboral para vítimas de violencia de xénero e mulleres vulnerables á fin de apoialas para rachar co círculo da violencia de xénero”.

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina