saltar ao contido

Acordo da Comisión 2ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos, celebrada o 25 de novembro de 2021

 
A  Comisión 2ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos, na súa sesión do 25 de novembro de 2021, adoptou o seguinte acordo:
 
Procedementos de control e impulso

 
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación por unanimidade sen modificacións
 
- 9275 (11/PNC-000960)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Díaz Mouteira, María Sol e 6 máis
Sobre a demanda da Xunta de Galicia ao Goberno de España da modificación da normativa sectorial en materia de costas
BOPG n.º 88, do 03.02.2021
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a esixir ao Goberno de España a modificación da normativa sectorial en materia de costas, que permita a protección e posta en valor das construción tradicionais preexistentes á Lei de Costas e que son elementos que contribuíron notoriamente a conformar a paisaxe característica do litoral galego."

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina