saltar ao contido

Acordos da Comisión 8ª, Pesca e Marisqueo, celebrada o 30 de novembro de 2021

 
A  Comisión 8ª, Pesca e Marisqueo, na súa sesión do 30 de novembro de 2021, adoptou os seguintes acordos:
 
Procedementos de control e impulso

 
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación sen modificacións
 
- 24486 (11/PNC-002293)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Pérez Fernández, Rosana e 2 máis
Sobre o traslado por parte da Xunta de Galicia ao Goberno español e á Comisión Europea do seu rexeitamento sobre a proposta do comisario europeo de Pesca relativa ás cotas do 2022
BOPG n.º 228, do 17.11.2021
 
Sométese a votación por puntos co resultado seguinte:
Puntos 1, 2 e 3, resultan aprobados pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes
 
Punto 4, resulta aprobado por 10 votos a favor, 0 votos en contra e 2 abstencións.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a:
 
- Trasladar ao Goberno español e á Comisión Europea o seu rexeitamento sobre a proposta do comisario europeo de Pesca relativa ás cotas para o 2022.
 
-Defender diante do Goberno español e a UE a aplicación real das variables económicas e sociais contempladas na Política Pesqueira Común para a fixación de capturas.
 
-Desbotar calquera redución de capturas para o ano 2022 que implique un impacto económico para a frota Pesqueira galega.
 
-Dar cumprimento ao acordo parlamentario do 10 de febreiro de 2021, relativo ao recoñecemento de Galicia como "zona altamente dependente da pesca", á revisión do "principio de estabilidade relativa" e ao recoñecemento da capacidade directa de negociación de Galicia en materia pesqueira."

Aprobación por unanimidade sen modificacións
 
- 21320 (11/PNC-002025)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Egerique Mosquera, Teresa e 6 máis
Sobre a demanda por parte da Xunta de Galicia ao Goberno de España de aprobar de forma urxente a modificación do Real decreto de ordenación pesqueira e a súa adecuación a determinadas disposicións normativas
BOPG n.º 198, do 15.09.2021
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
 "O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a demandar ao Goberno de España a aprobar de modo urxente a modificación do Real Decreto de Ordenación Pesqueira de cara a regular de xeito rápido a creación dunha lista específica de embarcacións co obxectivo de dar solución ao procedemento de adecuación das disposicións normativas sobre a potencia e/ou arqueo das embarcacións que faenan a marisqueo e/ou recursos específicos."
 
- 21877 (11/PNC-002075)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Pérez Fernández, Rosana e 2 máis
Sobre as actuacións da Xunta de Galicia perante o Goberno central en relación coa minaría submarina
BOPG n.º 202, do 22.09.2021
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
 "O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a demandarlle ao Goberno do Estado:
 
-A promoción e defensa diante da Alta Autoridade dos Fondos Mariños (ISA) dunha moratoria da minaría submarina ata que se teñan estudado e investigado suficientemente os seus efectos no medio ambiente mariño, a biodiversidade e as actividades humanas no mar e se poida xestionar a minaría submarina para garantir que non se perda biodiversidade mariña nin se degraden os ecosistemas mariños.
 
-Que se garanta a participación das organización ambientais e pesqueiras nas delegacións do Estado español diante da Alta Autoridade dos Fondos Mariños e promova a defensa dunha reforma dese organismo para una maior transparencia e participación da sociedade civil e sectores afectados.
 
-Que adopte una prohibición da minaría submarina nas súas augas xurisdicionais e exclúa explícitamente a posibilidade de realizar esta actividade nas Áreas Mariñas Protexidas e Áreas Mariñas de Importancia Ecolóxica ou Biolóxica, incluíndo o Banco de Galicia fronte ás costas galegas."

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina