saltar ao contido

Proposicións non de lei aprobadas polo Pleno do Parlamento de Galicia o 10 de decembro de 2021


 
 
4.2 12608 (11/PNP-001238)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Tabarés Pérez-Piñeiro, Iago e 3 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación co control das residencias de maiores de Ourense
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 112, do 17.03.2021
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a proceder ao incremento dos recursos humanos e materiais do servizo de inspección de Política Social que posibilite o control do estrito cumprimento da normativa vixente en materia de servizos sociais, así como velar polo respecto aos dereitos das persoas usuarias dos centros e residencias de maiores.”
 
4.3 23542 (11/PNP-002128)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Calvo Pouso, Diego e 8 máis
Sobre a demanda por parte da Xunta de Galicia ao Goberno de España da compensación ou indemnización ao colectivo de mariscadores da ría do Burgo, durante o período en que non poidan exercer a súa actividade como consecuencia da execución da dragaxe desta ría
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 216, do 21.10.2021
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a que demande do Goberno de España a compensación ou indemnización ao colectivo de mariscadores da Ría do Burgo, durante o período no que non poidan exercer a súa actividade como consecuencia da execución da dragaxe da Ría do Burgo”.
 
4.4 24063 (11/PNP-002162)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Egerique Mosquera, Teresa e 6 máis
Sobre a defensa por parte da Xunta de Galicia dos intereses do sector marítimo-pesqueiro e da súa cadea mar-industria fronte ás actuacións do Goberno central
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 220, do 03.11.2021
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a defender os intereses do sector marítimo-pesqueiro galego e da súa cadea mar-industria fronte aos ataques e obstáculos xurdidos en razón da actuación do Goberno central desenvolvendo cantas accións sexan necesarias, esgotado sempre todas as vías de diálogo coa Administración central e poñendo todo o empeño en evitar unha xudicialización innecesaria de asuntos que se han de resolver pola vía política, para frear e minorar a inestabilidade e a falla de seguridade xurídica que marca a modificación da Lei de Costas a través da lei de Cambio Climático, a incoherencia e descoordinación na pesca e comercialización do marraxo e a indefinición e menoscabo do autogoberno xerado co recurso do Goberno central sobre a orde que regula o Plan Xeral de Explotación Marisqueira para o período 2021-2023.
 
Saúdos, Gabinete de Comunicación.

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina