saltar ao contido

Acordos da Comisión 5ª, Sanidade, Política Social e Emprego, celebrada o 16 de novembro de 2021

 
A  Comisión 5ª, Sanidade, Política Social e Emprego, na súa sesión do 16 de decembro de 2021, adoptou os seguintes acordos:
 
Procedementos de control e impulso

 
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación sen modificacións
 
- 23548 (11/PNC-002218)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Vázquez Domínguez, Sandra e 8 máis
Sobre o desenvolvemento do Plan estratéxico de xuventude
BOPG n.º 216, do 21.10.2021
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 7 votos a favor, 5 votos en contra e 0 abstencións.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a seguir desenvolvendo o Plan Estratéxico de Xuventude actual, sobre todo no referente á posta en marcha da oficina virtual de orientación e asesoramento xuvenil”.
 
Aprobación por unanimidade con modificacións
 
- 25444 (11/PNC-002391)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Rodil Fernández, Olalla e 2 máis
Sobre a situación da Rede galega de atención temperá e as medidas que ten previsto adoptar a Xunta de Galicia para garantir os dereitos das nenas e dos nenos usuarios deste servizo
BOPG n.º 236, do 01.12.2021
 
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento insta a Xunta de Galiza a reforzar e ampliar a rede galega de atención temperá, dotándoa dos recursos necesarios, co obxectivo de que todas as nenas e nenos até 6 anos con trastornos no seu desenvolvemento poidan recibir as terapias que precisen. Para tal fin, este fortalecemento da rede galega de atención temperá deberá estar debidamente orzamentado e calendarizado."
 
Aprobación por unanimidade sen modificacións
 
- 3940 (11/PNC-000455)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Amigo Díaz, María Encarnación e 6 máis
Sobre a actuación que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coa extensión a toda Galicia do programa de cribado do cancro de colo do útero, iniciado como programa piloto na área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos
BOPG n.º 36, do 28.10.2020
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a completar nesta lexislatura a extensión a toda Galicia do programa de cribado do cancro de cérvix xa iniciado como programa piloto na área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos”.
 
- 17898 (11/PNC-001827)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Díaz Varela, Noa Susana e 2 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego para estender o servizo de hospitalización a domicilio á totalidade da área sanitaria de Santiago de Compostela e A Barbanza
BOPG n.º 169, do 13.07.2021
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta o Goberno galego a estender o servizo de Hospitalización a Domicilio á totalidade da área sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza antes de que remate o primeiro trimestre do ano 2022"

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina