saltar ao contido

Convocatoria do Pleno do Parlamento de Galicia previsto para o 21 de decembro de 2021

A Presidencia, de conformidade co disposto no artigo 53 do Regulamento do Parlamento, resolveu convocar o Pleno do Parlamento para realizar unha sesión o próximo día 21 de decembro de 2021, ao remate da sesión plenaria orzamentaria, no pazo do Parlamento.

De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 16 de decembro de 2021, a orde do día da sesión é a seguinte:
 
Punto 1. Elección de candidatos para a cobertura de tres vacantes de conselleiros do Consello de Contas de Galicia (11/DMCC-000001)
 
Punto 2. Texto Lexislativo
 
2.1 Debate e votación do ditame, emitido pola Comisión 3ª, Economía, Facenda e Orzamentos, sobre o Proxecto de lei de medidas fiscais e administrativas (doc. núm. 23847, 11/PL-000012)
 
Punto 3. Comparecencia
 
3.1 26221 (11/CPP-000069)
 Da Sra. conselleira de Política Social, por petición propia, para informar sobre as conclusións acadadas polo Comité Asesor Sociosanitario nas que se asentará o novo modelo de coidados de longa duración en Galicia
 
Punto 4. Mocións
 
4.1 26140 (11/MOC-000073)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Otero Lago, Noelia
 Sobre a política da Xunta de Galicia respecto do colectivo de lesbianas, gais, transexuais, bisexuais e intersexuais no ámbito laboral (Moción a consecuencia da Interpelación doc. núm. 25154, publicada no BOPG núm. 232, do 24 de novembro de 2021, e debatida na sesión plenaria do 9 de decembro de 2021 )
 
4.2 26167 (11/MOC-000074)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Presas Bergantiños, Noa
 Sobre a regulación do sector eólico (Moción como consecuencia da Interpelación doc. núm. 24761, publicada no BOPG núm. 228, do 17 de novembro de 2021, e debatida na sesión plenaria do 9 de decembro de 2021)
 
4.3 26171 (11/MOC-000075)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Pérez Fernández, Rosana
 Sobre a normativa mineira (Moción como consecuencia da Interpelación doc. núm. 24884, publicada no BOPG núm. 232 do 24 de novembro de 2021, e debatida na sesión plenaria do 9 de decembro de 2021)
 
Punto 5. Proposicións non de lei
 
5.1 17206 (11/PNP-001680)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Arangüena Fernández, Pablo e Castro Rey, Paloma
 Sobre as accións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coa mellora da calidade da Administración autonómica
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 155, do 16.06.2021
 
5.2 21382 (11/PNP-001944)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Egerique Mosquera, Teresa e 6 máis
 Sobre o traslado por parte da Xunta de Galicia ao Goberno de España do rexeitamento das medidas previstas no texto de proposta do Regulamento de control da pesca 1224/2009
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 202, do 22.09.2021
 
5.3 25725 (11/PNP-002323)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Sobre o compromiso e apoio do Parlamento á Constitución e ao Estatuto de autonomía de Galicia e o rexeitamento das iniciativas que promovan a independencia de Galicia ou de calquera outra comunidade autónoma de España
 Publicación da iniciativa polo procedemento de urxencia, BOPG n.º 239, do 10.12.2021
 
5.4 25777 (11/PNP-002330)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Pérez López, Daniel e 2 máis
 Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia para planificar e executar os fondos do IV Plan de rescate a autónomos e empresas afectados pola covid-19
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 239, do 10.12.2021
 
5.5 25807 (11/PNP-002332)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Álvarez Martínez, Luis Manuel e Díaz Varela, Noa Susana
 Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia en relación co calendario escolar para o curso 2021/2022 dos centros públicos de ensino
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 239, do 10.12.2021
 
5.6 25833 (11/PNP-002335)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Presas Bergantiños, Noa e 4 máis
 Sobre a demanda da Xunta de Galicia ao Goberno central da rectificación da modificación de horarios do tren Avant A Coruña-Ourense e da supresión do tren Lugo-Ourense, así como da recuperación de liñas suprimidas
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 239, do 10.12.2021
 
Punto 6. Interpelacións
 
6.1 1710 (11/INT-000095)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Fernández Gómez, Alexandra e 2 máis
 Sobre a política do Goberno galego en relación coa mobilización da bolsa de vivendas baleiras
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 15, do 16.09.2020
 
6.2 24985 (11/INT-001300)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Pérez Fernández, Rosana e 2 máis
 Sobre a política da Xunta de Galicia respecto dos conflitos entre bateeiros e percebeiros
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 232, do 24.11.2021
 
6.3 25764 (11/INT-001344)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Ortega Otero, Marina e 2 máis
 Sobre a política da Xunta de Galicia respecto da atención temperá
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 239, do 10.12.2021
 
Punto 7. Preguntas para resposta oral do Presidente da Xunta de Galicia
 
7.1 26237 (11/POPX-000051)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Caballero Miguez, Gonzalo
 Sobre as políticas estratéxicas para Galicia
 
7.2 26238 (11/POPX-000052)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Pontón Mondelo, Ana
 Sobre as medidas do Goberno galego para darlle futuro no país á mocidade galega
 
Punto 8. Preguntas ao Goberno
 
8.1 26229 (11/PUP-000223)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Castro Rey, Paloma e Arangüena Fernández, Pablo
 Sobre as medidas previstas polo Goberno galego para protexer a cidadanía fronte ao aumento da ciberdelincuencia
 
8.2 26179 (11/PUP-000220)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Calvo Pouso, Diego e 6 máis
 Sobre as medidas tomadas polo Goberno galego para garantir a execución do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rural para garantir obras relacionadas coa xestión da auga correspondentes ao período operativo 2014-2020
 
8.3 20310 (11/POP-003094)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Tabarés Pérez-Piñeiro, Iago e 3 máis
 Sobre as actuacións previstas polo Goberno galego na cidade de Ourense para paliar a inactividade e o pechamento de espazos de creación e exhibición artística e cultural derivados das decisións do Concello
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 191, do 25.08.2021
 
8.4 22977 (11/POP-003340)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Queixas Zas, Mercedes e 2 máis
 Sobre as medidas de protección desenvolvidas conforme a resolución de incoación do procedemento para declarar ben de interese cultural a casa Cornide, na Coruña
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 210, do 06.10.2021
 
 
8.5 25604 (11/POP-003603)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Ríos Santomé, Paulo e Prado Cores, María Montserrat
 Sobre as medidas previstas pola Xunta de Galicia para a restitución do Servizo de Urxencias en Moaña e a reposición do persoal en situación de traslado
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 239, do 10.12.2021
 
8.6 26219 (11/PUP-000221)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Lourenzo Sobral, Manuel Antonio e 2 máis
 Sobre as medidas previstas polo Goberno galego ante a folga anunciada polos facultativos do Baixo Miño
 
8.7 25700 (11/POP-003611)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Seco García, Martín e Rodríguez Dacosta, María del Carmen
 Sobre as acusacións que fai o Goberno galego ao exsubdirector de Relacións cos Grupos de Desenvolvemento Rural do Agader e director do Banco de Terras
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 239, do 10.12.2021
 
8.8 24259 (11/POP-003458)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Egerique Mosquera, Teresa e 6 máis
 Sobre as consecuencias para o sector marítimo-pesqueiro da aprobación da prohibición de outorgamento de subsidios aos combustibles da frota pesqueira
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 224, do 10.11.2021
 
Os grupos parlamentarios poderán presentar emendas ás mocións e ás proposicións non de lei ata seis horas antes do inicio da sesión, ao abeiro do disposto no artigo 161.2 do Regulamento.
 
Santiago de Compostela, 16 de decembro de 2021

Miguel Ángel Santalices Vieira
Presidente
 

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina