A Comisión 6ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo, na súa sesión do 16 de decembro de 2021, adoptou os seguintes acordos:
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
Aprobación sen modificacións
- 23940 (11/PNC-002245)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Tellado Filgueira, Miguel Ángel e 8 máis
Sobre a demanda da Xunta de Galicia ao Goberno de España da creación dunha zona franca no porto de Ferrol con especial tributación e dunha plataforma loxística intermodal no porto exterior
BOPG n.º 220, do 03.11.2021
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 7 votos a favor, 0 votos en contra e 5 abstencións.
O texto aprobado é o seguinte:
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a demandar do Goberno central a promover:
1. A creación dunha Zona Franca no Porto de Ferrol, con especial tributación, como una iniciativa clave no impulso da competitividade e o desenvolvemento das actividades industriais, comerciais e de Servizo nas comarcas de Ferrolterra, Eume e Ortegal.
2. Unha Plataforma Loxística intermodal no Porto Exterior e a configuración dunha estrutura de colaboración público-privada que facilite as actividades loxísticas a custo competitivo (ZAL)."
Aprobación por unanimidade sen modificacións
- 23144 (11/PNC-002177)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Fernández Alfonzo, Ramón e 2 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia en relación coa situación da fábrica de Alu Ibérica na Coruña
BOPG n.º 210, do 06.10.2021
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
O texto aprobado é o seguinte:
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a:
1) Promover un foro estable de entendemento e traslado de información entre os gobernos, os administradores actuáis ou futuros da fábrica, e os representantes do persoal.
2) Promover activamente un Plan industrial para Alu Ibérica que estea rematado e a disposición no momento máis oportuno do punto de vista xurídico, coas seguintes características:
2.1. Que conte coa participación do Goberno do Estado e máis da Xunta de Galicia, aínda que sexa dun xeito temporal mentres o proxecto gaña estabilidade.
2.2. Que conte con socios industriais solventes e competitivos.
2.3. Que conte cun provedor de enerxía que garanta un prezo competitivo e estábel."