A Presidencia, á vista da solicitude formulada polo G.P. do Bloque Nacionalista Galego, resolveu convocar a Deputación Permanente para o día 13 de xaneiro de 2022, ás 13:30 horas, coa seguinte orde do día:
Punto único: Solicitude do G.P. do Bloque Nacionalista Galego de celebración dunha reunión urxente da Deputación Permanente, para que se proceda á convocatoria dun Pleno extraordinario que contemple na orde do día a comparecencia do Conselleiro de Sanidade diante da gravísima situación de colapso na que se atopa a atención primaria, en especial a área sanitaria de Vigo, para que dea conta das medidas adoptadas (doc. núm. 27094, 11/SCDP-000007).
Santiago de Compostela, 11 de xaneiro de 2022
Miguel Ángel Santalices Vieira
Presidente