saltar ao contido

Acordos da Comisión 5ª, Sanidade, Política Social e Emprego, celebrada o 20 de xaneiro de 2021

 
A  Comisión 5ª, Sanidade, Política Social e Emprego, na súa sesión do 20 de xaneiro de 2022, adoptou os seguintes acordos:
 
Procedementos de control e impulso

 
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación sen modificacións
 
- 24538 (11/PNC-002297)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Amigo Díaz, María Encarnación e 6 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia para ampliar os puntos de atención continuada que conten cunha superficie axeitada para facilitar o traslado de pacientes a centros hospitalarios a través dos dous helicópteros cos que conta o 061
BOPG n.º 228, do 17.11.2021
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 10 votos a favor, 0 votos en contra e 2 abstencións.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a ampliar os puntos de atención continuada que conten cunha  superficie axeitada para facilitar o traslado de pacientes a centros hospitalarios a través dos dous helicópteros cós que conta o 061, solicitando a colaboración dos concellos que facilitarán a dispoñibilidade de terreos de ser preciso”
 
Aprobación por unanimidade sen modificacións
 
- 25940 (11/PNC-002439)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Pazos Couñago, José Alberto e 6 máis
Sobre a extensión por parte da Xunta de Galicia das casas do maior naqueles concellos onde non estea en funcionamento ningún centro de día
BOPG n.º 243, do 17.12.2021
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a continuar apostando polo envellecemento de proximidade estendendo as casas do maior naqueles concellos onde non estea en funcionamento ningún centro de día.”

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina