saltar ao contido

Proposicións non de lei aprobadas polo Pleno do Parlamento de Galicia o 26 de xaneiro de 2022

 
3.5 26596 (11/PNP-002394)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Verea Fraiz, Borja e 6 máis
Sobre a demanda pola Xunta de Galicia ao Goberno de España para que atenda a vontade manifestada tanto polo Parlamento de Galicia coma polo Congreso dos Deputados e amplíe o programa de apoio ao Xacobeo mediante a extensión das desgravacións fiscais ata o 31 de decembro de 2023
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 255, do 12.01.2022
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a solicitar ao Goberno de España que atenda á vontade manifestada tanto polo Parlamento de Galicia como polo Congreso dos Deputados, e amplíe o programa de apoio ao Xacobeo mediante a extensión das desgravacións fiscais ata o 31 de decembro de 2023”.
 
3.6 26944 (11/PNP-002408)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Balseiro Orol, José Manuel e 14 máis
Sobre a demanda por parte da Xunta de Galicia ao Goberno de España dun compromiso que garanta a reactivación da planta de Alcoa en San Cibrao
Publicación da iniciativa polo procedemento de urxencia, BOPG n.º 255, do 12.01.2022
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a:
 
1) Demandar un compromiso claro por parte do Goberno de España e de Alcoa que garanta a reactivación da planta de San Cibrao canto antes, así como a participación do Ministerio para a Transición Ecolóxica e Reto Demográfico en todas as reunións da comisión de seguimento constituída tras o acordo acadado entre a empresa e os traballadores, como departamento responsable de establecer un marco enerxético competitivo que garanta o futuro da produción de aluminio primario.
 
2) Seguir traballando co mesmo espírito construtivo ao lado dos traballadores e achegando os apoios necesarios.
 
3) Adoptar as medidas oportunas para considerar como iniciativas empresariais prioritarias os proxectos regulados na Lei 8/2009, de 22 de decembro, que conten con permiso de acceso e conexión firme e vixente, cuxos promotores subscriban un acordo directo de compravenda de enerxía a longo prazo e a prezo competitivo, garantindo polo menos o 50% do consumo de enerxía, cunha empresa con centro de traballo con actividade industrial no territorio da Comunidade Autónoma galega, vinculando estes proxectos ao centro de traballo determinado do que se trate”. 
 
 
 

Saúdos, Gabinete de comunicación.

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina