saltar ao contido

Proposicións non de lei aprobadas polo Pleno do Parlamento de Galicia o 27 de abril de 2011


4.1  08/PNP-0960 (57600)
    Grupo Parlamentario Popular de Galicia
    Arias Veira, Pedro Manuel, e 6 deputados máis
    
 Sobre as actuacións para levar a cabo polo Goberno galego en relación coa actualización e aplicación da tarifa eléctrica de último recurso
  Publicación da iniciativa, BOPG núm. 401, do 02.02.2011
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento insta á Xunta de Galicia a que se dirixa ao Goberno do Estado para que: 
1.- Adopte as medidas necesarias para acadar que o prezo final da electricidade sexa en función dos custes de xeración de cada tecnoloxía e a máxima racionalización dos custes que deben ser satisfeitos polas tarifas de acceso ás redes de transporte e distribución da enerxía eléctrica”.
2.- A actualización da "Tarifa de Último Recurso", en ningún caso, supoña incrementos superiores ao IPC.
3.- Manteña o límite dos 10 Kw contratados para a aplicación da "Tarifa de Último Recurso" rexeitando a proposta do plan de industria de rebaixala o 1 de xullo de 2011 a 3 Kw.
4.- Leve a cabo unha campaña informativa sobre o proceso de liberalización e en especial sobre o bono social en colaboración coas CCAA e as asociacións de consumidores”.

  
4.2  08/PNP-1051 (60598)
    Grupo Parlamentario Popular de Galicia
    Balseiro Orol, José Manuel, e 2 deputados máis
  
  Sobre as demandas que debe realizar o Goberno galego diante do Ministerio de Fomento en relación coa execución da vía de conexión entre as localidades lucenses de San Cibrao e Barreiros, coñecida como corredor da Costa
  Publicación da iniciativa, BOPG núm. 421, do 02.03.2011
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia, insta á Xunta de Galicia a dirixirse ao Ministerio de Fomento para que resolva no prazo máximo dun mes as alegacións recibidas fronte ao Estudio Informativo e o Estudio de Impacto Ambiental do corredor viario entre San Ciprián e Barreiros, proceda á licitación inmediata do proxecto e, con posterioridade, estableza un cronograma de execución concreto, comprometendo os investimentos necesarios e suficientes para facelo realidade".

 
4.5  08/PNP-1108 (62470)
    Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
    Viéitez Alonso, Henrique
  
  Sobre a enerxía nuclear
  Publicación da iniciativa, BOPG núm. 441, do 30.03.2011
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento insta a Xunta de Galicia a:
1°) Dirixirse ao Goberno do Estado para:
1. Trasladarlle a posición contraria do mesmo á reabrir o debate nuclear, apostando por un progresivo abandono do uso da enerxía nuclear e apostando pola xeración de electricidade mediante a combinación de fontes enerxéticas alternativas á nuclear.
2.  Non prorrogar a vida útil das centrais nucleares, polo perigo de accidentes que conleva.
3.  Levar adiante as actuacións necesarias a fin de que Galicia sexa de maneira efectiva territorio desnuclearizado. O alcance desta declaración implicará:
a.   A prohibición de que en Galicia se constrúan centrais
nucleares.
b.   A   prohibición  de  emprazar no  territorio  galego  un cemiterio nuclear ou depósito de armacenamento de residuos nucleares.
c.  Impedir   que   na   nosa   zona   económica   exclusiva
naveguen buques que transporten residuos nucleares.
d.- Evitar no espazo aéreo correspondente ao territorio
galego a circulación ou paso de aeronaves que porten armamento ou mercadorías nucleares.
e.- Respectar, en todo caso, a excepcionalidade no referente aos servizos sanitarios, ou no seu caso os servizos de investigación que conten con isótopos e medicina nuclear.
4.  Impulsar  un  verdadeiro  plan  de  aforro  e  eficiencia  enerxética identificando os obxectivos de carácter estratéxico e orientado a reducir a dependencia de fontes primarias externas.

Santiago de Compostela, 27 de abril de 2011

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina