saltar ao contido

Acordo da Comisión 1ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior, celebrada o 2 de febreiro de 2022

A Comisión 1ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior, na súa sesión do 2 de febreiro de 2022, adoptou os seguintes acordos:
 
Procedementos de control e impulso
 
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación sen modificacións
 
- 23834 (11/PNC-002232)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Prado del Río, Paula e 6 máis
Sobre a demanda da Xunta de Galicia ao Ministerio do Interior da articulación dun concurso de méritos na Policía Nacional para cubrir vacantes na Unidade de Policía Adscrita
BOPG n.º 218, do 28.10.2021
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 7 votos a favor, 0 votos en contra e 5 abstencións.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a solicitar do Goberno de España que por parte do Ministerio do Interior, a través da Dirección General da Policía, se articule un concurso de méritos na Policía Nacional que permita cubrir vacantes na Unidade de Policía Adscrita para incrementar a 500 os seus efectivos, de xeito que esta Unidade poida cumprir coas funcións que actualmente está prestando".

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina