3.4 29609 (11/PNP-002550)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Puy Fraga, Pedro e 8 máis
Sobre as actuacións que debe realizar a Xunta de Galicia ante o Goberno de España para que os fondos estatais que non puideron ser executados ao abeiro do 3º e 4º plans de rescate das persoas traballadoras autónomas, profesionais e empresas particularmente afectadas pola crise da covid-19 poidan ser destinados a un novo plan de apoio para o ano 2022
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 275, do 10.02.2022
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a dirixirse ao Goberno de España para que, os fondos estatais que non puideron ser executados ao abeiro do 3º e 4º Plans de Rescate das persoas traballadoras autónomas, profesionais e empresas particularmente afectadas pola crise da covid-19 poidan ser destinados a un novo Plan de apoio para o ano 2022. Unha iniciativa que, a diferencia dos dúas últimas, deberá axustarse o máximo posible á realidade do noso tecido empresarial, e incorporar os criterios establecidos polas comunidades autónomas de común acordo co Diálogo Social de Galicia e a Mesa do Emprego Autónomo”.
3.5 29638 (11/PNP-002553)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Bará Torres, Xosé Luís e 2 máis
Sobre as actuacións que deben realizar o Parlamento de Galicia e o Goberno galego en relación coa investigación sobre abusos sexuais a menores na Igrexa católica e apoio ás vítimas
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 275, do 10.02.2022
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento acorda como resolución condenar os graves casos de abusos sexuais a menores na Igrexa católica e amosar o apoio ás vítimas dos mesmos na súa demanda de verdade, xustiza e reparación.
Asemade, o Parlamento insta ao goberno da Xunta a:
-Apoiar e colaborar coas investigacións que se leven a cabo no ámbito da Igrexa, da xustiza e das institucións públicas, encamiñadas a coñecer a verdade, a reparar o dano causado e a condenar aos responsábeis destes graves delitos.
-Dar soporte e apoio ás vítimas tanto no proceso de denuncia como no tratamento e superación dos danos e secuelas causados polos abusos que sufriron.”
3.6 30022 (11/PNP-002587)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Vázquez Domínguez, Sandra e 15 máis
Sobre a reiteración por parte da Xunta de Galicia ante o Goberno de España da necesidade dun estudo que sirva de base para a elaboración dun plan estatal contra a exclusión financeira
Publicación da iniciativa polo procedemento de urxencia, BOPG n.º 275, do 10.02.2022
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a:
Reiterar ante o Goberno de España a necesidade de elaborar un estudo, en colaboración co Banco de España e a CNMC, sobre a situación do mercado financeiro en España desde el punto de vista da concentración bancaria, da competencia e do acceso aos servicios financeiros básicos, que sirva de base para a elaboración e posta en marcha dun plan estatal contra a exclusión financeira, con medidas que faciliten o acceso da poboación aos servizos financeiros.
Entre estas medidas estaría a de impulsar unha normativa que regule a prestación universal de servicios financeiros básicos ou esenciais, de xeito que se garanta á súa prestación para todos os usuarios, cunha calidade determinada e a un prezo asequible.”
Saúdos, Gabinete de Comunicación.