saltar ao contido

Acordos da Comisión 6ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo,celebrada o 24 de febreiro de 2022

A  Comisión 6ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo, na súa sesión do 24 de febreiro de 2022, adoptou os seguintes acordos:

Procedementos de control e impulso

Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación por unanimidade con modificacións
 
- 26313 (11/PNC-002474)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Gallego Sanromán, María Leticia e 2 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia para mellorar a ciberseguridade
BOPG n.º 250, do 03.01.2022
 
Sométese a votación separada por puntos o texto transaccionado coas emendas:
Puntos 1, 2 e 3: resultan aprobados pola unanimidade  dos 12 deputados e deputadas presentes.
Punto 4: resulta rexeitado por 5 votos a favor, 7 votos en contra e 0 abstencións.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a:
 
1. Elaborar medidas en ciberseguridade para as pemes galegas en colaboración coas diferentes administracións responsables con capacidade e competencias para facer fronte a ciberdelicuencia.
2. Elaborar medidas en ciberseguridade para os pequenos concellos en colaboración coas diferentes administracións responsables con capacidade e competencias para facer fronte a ciberdelicuencia.
3. Incorporar na Estratexia Galega de Civerseguridade plans de formación contando co tecido empresarial e coas universidades e sensibilizar na educación secundaria sobre as saídas laborais en ciberseguridade."
 
Aprobación por unanimidade sen modificacións
 
- 30294 (11/PNC-002713)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Tellado Filgueira, Miguel Ángel e 14 máis
Sobre a demanda da Xunta de Galicia ao Goberno de España respecto do prexuízo económico que están a ocasionar no porto de Ferrol as restricións de circulación para certos transportes especiais no viaduto do Castro da A-6
BOPG n.º 277, do 16.02.2022
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a reiterar a implicación directa do Goberno de España na solución do prexuízo económico que está a ocasionar no Porto de Ferrol, e en Galicia, as restricións de circulación para certos transportes especiais no viaduto do Castro da A-6, nomeadamente, con relación ao transporte de palas e torres eólicas que a data de hoxe se sigue negando.”

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina