saltar ao contido

Acordo da Comisión 2ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos, celebrada o 24 de febreiro de 2022

A  Comisión 2ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos, na súa sesión do 24 de febreiro de 2022, adoptou os seguintes acordos:

Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación por unanimidade sen modificacións
 
- 29528 (11/PNC-002643)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Calvo Pouso, Diego e 6 máis
Sobre as actuacións que debe realizar a Xunta de Galicia ante o Goberno central para garantir a viabilidade das obras públicas ante a actual crise de prezos e desabastecemento de materiais, para garantir a execución de infraestruturas esenciais, protexer o emprego e evitar poñer en risco os fondos europeos destinados á recuperación económica
BOPG n.º 274, do 09.02.2022
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento insta ao Goberno galego a pedir ao Goberno de España que, con urxencia, adopte os cambios normativos pertinentes e habilite medidas de revisión de prezos extraordinaria para os contratos, que garantan a viabilidade das obras públicas ante a actual crise de prezos e de abastecemento de materiais, para garantir a execución de infraestruturas esenciais, protexer o emprego e evitar poñer en risco os fondos europeos extraordinarios destinados á recuperación económica, que deben executarse nun tempo limitado”.

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina