A Comisión 5ª, Sanidade, Política Social e Emprego, na súa sesión do 24 de febreiro de 2022, adoptou os seguintes acordos:
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
Aprobación sen modificacións
- 29028 (11/PNC-002617)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Pardo López, Adrián e 14 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia para continuar desenvolvendo o Plan Emprega Xuventude
BOPG n.º 271, do 04.02.2022
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 7 votos a favor, 5 votos en contra e 0 abstencións.
O texto aprobado é o seguinte:
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a continuar desenvolvendo o Plan Emprega Xuventude actúal, nomeadamente no referente á posta en marcha dos programas de impulso á contratación e á inserción laboral do colectivo xuvenil."