saltar ao contido

Acordos da Comisión 4ª., Educación e Cultura, celebrada o 25 de febreiro de 2022

A  Comisión 4ª, Educación e Cultura, na súa sesión do 25 de febreiro de 2022, adoptou os seguintes acordos:
 
Procedementos de control e impulso
 
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación por unanimidade con modificacións
 
- 15433 (11/PNC-001544)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Díaz Varela, Noa Susana e Álvarez Martínez, Luis Manuel
Sobre as medidas que debe tomar a Xunta de Galicia respecto dos elevados índices de gas radón detectados no Centro de Educación Infantil e Primaria Santiago Apóstolo, de Santiago de Compostela
BOPG n.º 134, do 05.05.2021
 
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 11 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a:
 
1º. Facilitar á comunidade educativa do CEIP Santiago Apóstolo de Santiago de Compostela os resultados dos informes de medición respecto da concentración de radón una vez realizada a obra correctora en 2020.
 
2º. Continuar coa adopción das medidas técnicas especializadas precisas para rebaixar o máximo posible a incidencia de gas radón no CEIP Apóstolo Santiago (Santiago de Compostela) e a afrontar a súa implementación á maior brevidade."
 
Santiago de Compostela, 25 de febreiro de 2022

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina