saltar ao contido

Acordo da Comisión 4ª., Educación e Cultura, celebrada o 25 de marzo de 2022

A  Comisión 4ª, Educación e Cultura, na súa sesión do 25 de marzo de 2022, adoptou os seguintes acordos:
 
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación por unanimidade con modificacións
 
- 22921 (11/PNC-002154)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Queixas Zas, Mercedes e 2 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia en relación coa entidade Reunión Recreativa e Instructiva de Artesanos da Coruña
BOPG n.º 210, do 06.10.2021
 
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta a implicarse na celebración dos actos do 175 aniversario da fundación da "Reunión Recreativa e Instrutiva de Artesanos" da Coruña e a prestar o apoio técnico e económico no marco de colaboración axeitado".                                                                                                                             

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina