Santiago, 19 de abril de 2022.- Integrantes do Comité de Dirección de Stellantis Vigo, encabezados polo director da factoría viguesa, Ignacio Bueno, efectuaron este martes unha visita ao Parlamento de Galicia, convidados polo presidente da Cámara, Miguel Ángel Santalices Vieira.
Durante a visita, o presidente do Parlamento explicou aos directivos de Stellantis Vigo o funcionamento do Lexislativo galego ademais de acompañalos nun percorrido polas instalacións do Pazo do Hórreo.
Esta visita enmárcase na estratexia de apertura impulsada por Santalices Vieira para dar a coñecer o Parlamento de Galicia á sociedade.
Saúdos, Gabinete de Comunicación.