saltar ao contido

Acordos da Comisión 1ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior, celebrada o 20 de abril de 2022

A Comisión 1ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior, na súa sesión do 20 de abril de 2022, adoptou os seguintes acordos:
 
Procedementos de control e impulso
 
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación por unanimidade con modificacións

 
- 32568 (11/PNC-002928)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Castro García, Daniel e 2 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia respecto da Casa de Galicia de Montevideo
BOPG n.º 300, do 30.03.2022

 
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia, que tamén se dirixa o Goberno de España para:
 
1.- Reiterar a solicitude ás Autoridades competentes de Uruguai para que se tomen todas as medidas necesarias para garantir a protección sanitaria dos socios de Casa de Galicia, así como todas aquelas que, axustadas a dereito, garantan a protección e a integridade do patrimonio cultural, artístico e histórico de Casa de Galicia, para que permanezan no ámbito da Galeguidade no propio país, axudando aos socios na súa adquisición ou facendo directamente a administración de non ser posible outra solución.
 
2.- Continuar coas medidas que correspondan dentro das súas competencias, Estado e Xunta de Galicia, para asegurar a protección socio-sanitaria dos emigrantes galegos."
 
- 32637 (11/PNC-002940)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Arias Rodríguez, Raquel e 7 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia e as que debe demandar do Goberno de España respecto da garantía da protección sanitaria dos socios e do patrimonio da Casa de Galicia de Montevideo
BOPG n.º 296, do 23.03.2022

 
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia, que tamén se dirixa o Goberno de España para:
 
1.- Reiterar a solicitude ás Autoridades competentes de Uruguai para que se tomen todas as medidas necesarias para garantir a protección sanitaria dos socios de Casa de Galicia, así como todas aquelas que, axustadas a dereito, garantan a protección e a integridade do patrimonio cultural, artístico e histórico de Casa de Galicia, para que permanezan no ámbito da Galeguidade no propio país, axudando aos socios na súa adquisición ou facendo directamente a administración de non ser posible outra solución.
 
2.- Continuar coas medidas que correspondan dentro das súas competencias, Estado e Xunta de Galicia, para asegurar a protección socio-sanitaria dos emigrantes galegos."

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina