saltar ao contido

Acordos da Comisión 2ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos, celebrada o 28 de abril 2022

A  Comisión 2ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos, na súa sesión do 28 de abril de 2022, adoptou os seguintes acordos:
 
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
Aprobación por unanimidade con modificacións
- 32382 (11/PNC-002904)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Pérez Fernández, Rosana e 2 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia respecto dos problemas que se están a rexistrar no transporte público da comarca da Barbanza
BOPG n.º 296, do 23.03.2022
 
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a:
 
- Avaliar de xeito continuo, como está a facer, os servizos de transporte público na comarca da Barbanza co fin de adoptar todas as medidas oportunas que garantan o cumprimento das condicións do contrato e, de ser o caso, abrir os expedientes e interpoñer as sancións oportunas por incumprimento das devanditas condicións.
 
- Demandar da empresa concesionaria do transporte público na Barbanza a mellora da información de cara ao público, poñendo á súa disposición a información dos horarios en todas as marquesiñas e paradas nas distintas localidades.
 
- Trasladar os desaxustes que se detecten á empresa concesionaria e instala a cumprir cos horarios e as condicións do contrato, garantir a atención ao público de maneira presencial e resolver todos os problemas que se lle trasladen, así como os que lle fixeron chegar os concellos da Mancomunidade Arousa Norte."

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina