saltar ao contido

O presidente do Parlamento propón a Alfonso Rueda Valenzuela como candidato á Presidencia da Xunta de Galicia

• O titular do Parlamento de Galicia trasladou a Rueda Valenzuela o resultado da rolda de consultas celebrada esta mañá cos portavoces dos grupos parlamentarios
 
• A proposta será trasladada á Mesa e Xunta de Portavoces para convocar o debate de investidura que, previsiblemente, se celebrará os días 10 e 12 de maio
 
Santiago, 2 de maio de 2022.- O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, proporá a Alfonso Rueda Valenzuela como candidato á Presidencia da Xunta logo da rolda de contactos, celebrada na mañá deste luns, cos portavoces dos tres grupos parlamentarios representados na Cámara galega.
 
Coa celebración da rolda de contactos dase cumprimento ao establecido no artigo 136.1 do Regulamento da Cámara e ponse en marcha o procedemento para a investidura de Alfonso Rueda Valenzuela como presidente da Xunta de Galicia.
 
Santalices Vieira constatou que Rueda contará co respaldo do Grupo Parlamentario Popular –maioritario na Cámara, con 42 escanos-, polo que convocará a Mesa e Xunta de Portavoces para trasladar o resultado da rolda de consultas e convocar o debate de investidura que, previsiblemente, se celebrará os días 10 e 12 de maio.
 
Luns, 2 de maio 
Presidencia
- Consultas da Presidencia do Parlamento cos representantes dos grupos para candidatura á Presidencia da Xunta.
- Resolución da Presidencia do Parlamento relativa á proposta de candidata ou candidato á Presidencia da Xunta de Galicia.
 
Martes, 3 de maio
Mesa do Parlamento
- Coñecemento pola Mesa da proposta da Presidencia do Parlamento de candidato ou candidata a Presidencia da Xunta.
 
Xoves, 5 de maio
Mesa do Parlamento
- Ordenación do debate de investidura.

Xoves, 5 de maio
Mesa-Xunta de Portavoces
- Coñecemento da Resolución da Presidencia relativa a candidata ou candidato á Presidencia da Xunta.
- Orde do día e ordenación do debate de investidura.

Martes, 10 de maio
Debate e votación da investidura (inicio)
 
Xoves, 12 de maio
Debate e votación da investidura (continuación) (transcorridas 48h - art. 136.3º e 5º RPG)
- Comunicación elección presidente Xunta ao Rei.
- Publicación nomeamento Real Decreto DOG e BOE.
 
Sábado, 14 de maio
Toma de posesión do presidente da Xunta (art. 19 Lei 1/1983).
 

Saúdos, Gabinete de Comunicación.

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina