saltar ao contido

Acordo da Comisión 1ª., Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior, celebrada o 4 de maio de 2022

A  Comisión 1ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior, na súa sesión do 4 de maio de 2022, adoptou os seguintes acordos:
 
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación sen modificacións
 
- 33686 (11/PNC-003063)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Prado del Río, Paula e 14 máis
Sobre a demanda da Xunta de Galicia ao Goberno central para reclamar que axilice a tramitación da norma que permita a creación e efectiva entrada en funcionamento de novas unidades xudiciais en Galicia con cargo á programación de 2022
BOPG n.º 309, do 20.04.2022
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 7 votos a favor, 0 votos en contra e 5 abstencións.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento galego insta á Xunta de Galicia a dirixirse ao Goberno Central para reclamar que o Ministerio de Xustiza axilice a tramitación da norma ministerial que permita a creación e efectiva entrada en funcionamento de novas unidades xudiciais en Galicia con cargo á programación 2022, atendendo aos termos da proposta acordada pola Comisión Mixta para contribuír á axilización da actividade xudicial en Galicia.”

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina