saltar ao contido

Convocatoria da sesión plenaria do Parlamento de Galicia prevista para o 10 de maio de 2022 - Debate de investidura

A Presidencia, de conformidade co disposto no artigo 53 do Regulamento do Parlamento, resolveu convocar o Pleno do Parlamento para realizar sesión o próximo día 10 de maio de 2022, ás 9:30 horas, no pazo do Parlamento.
 
De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 5 de maio de 2022, a orde do día da sesión é a seguinte:

Punto único. Proposta de candidato á Presidencia da Xunta de Galicia, presentación do seu programa de goberno e elección, de conformidade co disposto no artigo 15.3 do Estatuto de autonomía de Galicia (doc. R.S. núm. 9117, publicado no BOPG núm. 315, fascículo 1, do 4 de maio de 2022).
 
O que lle comunico para o seu coñecemento e a súa convocatoria á devandita reunión.
Santiago de Compostela, 5 de maio de 2022
 
 
Miguel Ángel Santalices Vieira
Presidente

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina