saltar ao contido

Acordos da Comisión 2ª. Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos, celebrada o 6 de maio de 2022

A  Comisión 2ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos, na súa sesión do 6 de maio de 2022, adoptou os seguintes acordos:
 
Procedementos de natureza normativa
 
Proxecto de lei
 
Designación da Ponencia
 
- 32399 (11/PL-000013)
Presidencia da Xunta de Galicia
Proxecto de lei de mellora da xestión do ciclo integral da auga
BOPG n.º 295, do 22.03.2022
 
G.P. Popular de Galicia (P)
D. Diego Calvo Pouso (titular)
D. José Manuel Rey Vrela (suplente)
 
G.P. do Bloque Nacionalista Galego (BNG)
D. Xosé Luis Bará Torres (titular)
Dª. Alexandra Fernández Gómez (suplente)
 
G.P. dos Socialistas de Galicia (S)
Dª. Begoña Rodríguez Rumbo (titular)
D. Pablo Arangüena Fernandez (suplente)

Procedementos de control e impulso
 
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación por unanimidade con modificacións
 
- 33812 (11/PNC-003073)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Díaz Mouteira, María Sol e 6 máis
Sobre a demanda da Xunta de Galicia ao Goberno de España respecto da clarificación de criterios para autorizar os cambios de uso das construcións tradicionais do litoral
BOPG n.º 312, do 27.04.2022
 
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a demandar ao Goberno de España que clarifique o seu criterio á hora de autorizar os cambios de uso das construcións tradicionais do litoral que non desvirtúen a protección do dominio público marítimo-terrestre.”

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina