saltar ao contido

Acordos da Comisión 5ª, Sanidade, Política Social e Emprego, celebrada o 19 de maio de 2022

A  Comisión 5ª, Sanidade, Política Social e Emprego, na súa sesión do 19 de maio de 2022, adoptou os seguintes acordos:
 
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación con modificacións
 
- 32499 (11/PNC-002918)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Otero Rodríguez, Patricia e 2 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia respecto da cobertura de prazas de persoal sanitario no centro de saúde de Foz
BOPG n.º 296, do 23.03.2022
 
Sométese a votación separada por puntos:

Punto 1: resulta aprobado pola unanimidade dos 12 deputadas e deputados presentes.

Puntos 2, 3, 4 e 5: resultan rexeitados por: 5 votos a favor, 7 votos en contra e 0 abstencións.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a cubrir as prazas de medicina de familia, enfermaría e odontoloxía do centro de saúde de Foz, para que teña a capacidade asistencial que ten asignada."
 
Aprobación por unanimidade sen modificacións
 
- 33455 (11/PNC-003036)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
López Sánchez, Rosalía e 6 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia para que se determinen os espazos para o uso das asociacións de pacientes no marco das obras do novo centro hospitalacio universitario da Coruña
BOPG n.º 307, do 13.04.2022
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a que no marco das obras para a construción do novo CHUAC se determinen espazos para uso das asociacións de pacientes, incluíndo despachos e zonas mais amplas para a realización de actividades, que se coordinarán e organizarán entre as asociacións que forman parte do Consello asesor de pacientes”
 
- 34012 (11/PNC-003098)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Torrado Quintela, Julio e Ortega Otero, Marina
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia respecto do tratamento e atención ás mulleres con endometriose no Sistema público de saúde
BOPG n.º 315, do 04.05.2022
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a cumprir no ano 2022 os compromisos aprobados por unanimidade dos grupos parlamentarios no Parlamento de Galicia o 22 de abril de 2015 ao fío dos avances no tratamento e atención ás mulleres con endometriose no sistema público de saúde de Galicia."

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina