saltar ao contido

Elena Candia, elixida vicepresidenta primeira do Parlamento de Galicia

Santiago, 24 de maio de 2022.- María Elena Candia López resultou elixida vicepresidenta primeira do Parlamento de Galicia na votación celebrada ao comezo do Pleno ordinario que se celebra desde esta tarde.
 
Candia López (Mondoñedo, 1978) substitúe na Vicepresidencia da Cámara a Diego Calvo Pouso, que recentemente foi nomeado vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes da Xunta de Galicia.
 
A nova vicepresidenta do Parlamento de Galicia é licenciada en Dereito pola UDC e doutoranda no estudo de entes locais. Foi alcaldesa de Mondoñedo dende 2015 ata marzo de 2020 e voceira do Grupo Provincial do PP na Deputación de Lugo dende finais de 2011, institución na que tamén ocupou a Presidencia dende xullo a outubro de 2015. A nivel orgánico, dende marzo de 2016 é a presidenta provincial do PP de Lugo. Tamén é membro da Comisión de Igualdade da FEMP.
No eido profesional, dende 2005 é a responsable dunha oficina de seguros en Mondoñedo.
 
Saúdos, Gabinete de Comunicación.

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina