saltar ao contido

Acordos da Comisión 7ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes, celebrada o 27 de maio de 2022

 
A Comisión 7ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes, na súa sesión do 27 de maio de 2022, adoptou os seguintes acordos:
 
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación sen modificacións
 
- 34377 (11/PNC-003140)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Candia López, María Elena e 6 máis
Sobre a promoción, a través da Consellería do Medio Rural, dunha nova convocatoria de axudas para proxectos de cooperación entre grupos de desenvolvemento rural
BOPG n.º 318, do 12.05.2022
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 9 votos a favor, 3 votos en contra e 0 abstencións.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a que, a través da Consellería de Medio Rural e ao abeiro da medida Leader (submedida 19.3), promova unha nova convocatoria de axudas para proxectos de cooperación entre grupos de desenvolvemento rural, na que se valore dun xeito prioritario aqueles proxectos que impulsen calquera dos instrumentos de mobilización ou recuperación de terras recollidos na Lei 11/2021, do 14 de maio, de recuperación da terra agraria de Galicia."
 
Aprobación por unanimidade con modificacións
 
- 23280 (11/PNC-002188)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Rivas Cruz, Xosé Luís e Castro García, Daniel
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Consellería do Medio Rural en relación cos procesos de concentración parcelaria
BOPG n.º 213, do 15.10.2021
 
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia, a que a Consellería do Medio Rural continúe co proceso e revise a zona chamada Zona Norte do concello de Mondoñedo, que abrangue as parroquias de Couboeira, Masma e Vilamor, e que acometa, ben de oficio ou a instancia dos novos propietarios, e en coordinación coa administración local, os traballos necesarios para o acondicionamento de fincas e obras pendentes."
 
Aprobación por unanimidade sen modificacións
 
- 34379 (11/PNC-003141)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Candia López, María Elena e 6 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Consellería do Medio Rural para impulsar as agrupacións forestais de xestión conxunta e a figura do silvicultor activo, creadas ao abeiro da Lei 7/2012, de montes de Galicia, e da Lei 11/2021, de recuperación da terra agraria de Galicia
BOPG n.º 318, do 12.05.2022
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta a Consellería do Medio Rural a que impulse as agrupacións forestais de xestión conxunta e a figura do silvicultor activo creadas ao abeiro da Lei 7/2012 de Montes de Galicia e da Lei 11/2021 da recuperación da terra agraria de Galicia."

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina